viernes, 18 de febrero de 2011

O NOSO MURAL DO INVERNO

Xa nos chegou o mural do inverno! Facía uns días que o remataramos. Pero hai  que seguir un protocolo, pois temos que pedir axuda no taller de carpintería. Temos a gran sorte que un alumno, José Pena, vai a ese taller e é o encargado de facer e pintar o marco e a continuación montalo. Quedou preciosísimo!!!. O resultado é este:



Aquí vemos a José Pena co seu adxunto de taller, Roca, no momento en que nos trouxeron o mural.
Moitas gracias aos dous por un traballo tan ben feito.


lunes, 14 de febrero de 2011

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS


Dende a nosa clase queremos desexar a todos e  a todas un feliz día de San Valentín.

martes, 1 de febrero de 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ



O xoves, 27 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e para elo realizamos distintas actividades.Pasámolo moi ben e resultou todo moi bonito.
Ás 11h. reunímonos todo o cole na Sala de Xuntas para visionar a Presentación do Día da Paz e o Conto "Marce o Carteiro" . Si queredes velo clicade no enlace aulatic
A continuación fixémola "Cadea pola Paz". Escoitamos a canción de Amaral "Rosa de la Paz" e fixemos unha cadea collidos das mans.
Logo fomos para o centro de día e formamos o tren pola Paz formado por un vagón de cada clase.
E para rematar a celebración ... ¡¡Chocolate con churros!!!