jueves, 30 de junio de 2011

FIN DE CURSO.....VACACIÓNS!!!!

O día 22 de xuño empezaron as vacacións para o alumnado. Fóronse para as súas casas uns, para centros de verán outros e hai un grupo que xa marcharon definitivamente do colexio porque acabaron a súa escolaridade. A todos: 
Boas vacacións!!!!!
Antes de despedirnos ata setembro imos recordar O FESTIVAL DE  FIN DE CURSO. Resultou todo moi bonito e pasámolo moi ben, celebrámolo o xoves, 16 de xuño, porque algúns nenos/as non viñan na seguinte semana.
O programa da mañá foi o seguinte:
Antes do recreo fomos á sala de xuntas, en primeiro lugar a profe Ana Martínez recopilou e elixiu fotografías de todos os eventos que realizamos ao longo do curso, tamén escolleu unhas músicas preciosas  e con elas creo un fermosísimo vídeo. Moitas grazas Ana por todas as túas horas adicadas en prol do centro e de todos nós.
A continuación viñeron, Branca e unha intérprete da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG), a contarnos o conto:"Una casa a medida". As personaxes son, unha xirafa e un crocodilo que viven xuntos e teñen grandes dificultades para que a súa casa cumpra os requisitos para que poidan convivir os dous. Tamén nos ensinaron algúns signos que puxemos en práctica.
Despois do recreo o alumnado autónomo xogou un partido de fútbol e o resto foron á sala de día, para divertirse cos  xogos populares.
Por último na sala de xuntas tivemos un concerto moi bonito e animado. Un coro, formado por catro rapazas e dirixidas polo seu monitor de música, do IES de Canido ofrecéronnos varias cancións e ao final subiron ao escenario varios alumnos/as do colexio e cantaron con elas. O resto acompañámolos bailando. Pasámolo "requeteben". Para finalizar este día tan especial, todos alumnos/as e a maioría de mestres e mestras comemos xuntos no colexio.
A continuación temos  unhas fotos de todas estas actividades onde podedes observar como nos divertimos.




FIN DO CURSO 2010/2011 - foto montaje

Para rematar desexar a todos/as: alumnado, persoal laboral,compis,....  
Feliz verán!!!!!!!!!!!!!!!!   
É de ben nacidos ser agradecidos.........quero e debo darlle as gracias á miña compi ANA MARTÍNEZ por toda a súa axuda e apoio. Este humilde blog débollo a ela, pois animoume e axudoume a crealo.
É unha persoa marabillosa e mellor compañeira!!!!!!!
Seguiremos para o vindeiro curso. Verdade?

BICOS MIL E ATA O 1 DE SETEMBRO!!! 

miércoles, 8 de junio de 2011

ITINERARIO AMBIENTAL POLA LAGOA DE VALDOVIÑO


Hoxe, pola mañá, fomos a unha saída didáctica. Ao itinerario foron en total 20 alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos, acompañados polos adxuntos Roca e Luis, o coidador Andrés e as profes: Melu, Patricia Galdo, Patricia e Digna.  No aparcamento da praia estaba esperando Fran, o guía do devandito itinerario, levounos  polo paseo do areal. Foinos contado todas as especies vexetais e as diversas aves mariñas que hai na lagoa. Dende un punto do itinerario observáronas máis de preto xa que Fran iba provisto duns potentes prismáticos, puxéronse en fila e un a un foron mirando.
Cando chegamos ao final da lagoa  merendamos e ao rematar, regresamos polo mesmo paseo cara ao autobús.
Ademais de aprender, pasámolo ben e fixemos exercicio en plena natureza!! Que máis se pode pedir?