martes, 31 de enero de 2012

DIA DA PAZ NO TERRA DE FERROL



Hoxe, martes, celebramos o Día da Paz e Non Violencia no noso cole.
Reunímonos ás 11:30 na Sala de Xuntas para celebrar a devandita data. Comezamos, o acto, visionando unha presentación sobre este día; logo Jaime e Rubén leron unhas poesías alusivas á paz. A continuación, un fermoso video, montado por Ana Martínez: A pomba Mari Paz". Para rematar construimos a "Nosa Pomba de Paz" que é un puzzle, cada clase adornou unha peza que fomos colocando en riguroso orde. O resultado foi unha preciosísimma "Pomba" como podedes observar. Á nosa clase tocounos engalanar a cabeza da pombiña.
Para finalizar a nosa peculiar celebración tivemos chocolate con churros no comedor.
Que a PAZ non se reduza á celebración dun único día e dure todo o ano e enchoupe os nosos corazóns!!!!




viernes, 27 de enero de 2012

PREPARATIVOS DÍA DA PAZ


O vindeiro día 30 celebrarase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e no noso Centro xa comezamos os preparativos para conmemorar esta data. Hoxe nun dos corredores do 1º andar colocamos un muíño de vento, nas súas aspas colocamos pequenos muíños de papel de cores nas que hai umha pomba debuxada, a data conmemorativa e a palabra PAZ. Ademais en cada una hai un desexo de paz.  Participaron varias clases do colexio, as das profes Remedios, Mª Carmen, Melu, Ana Martínez, Digna e todos os seus alumnos e alumnas. Estivo emocionante porque cada un colocaba o seu muíño e nese momento era inmortalizado nunha foto. Para dar fe de todo isto e como mostra temos a seguinte montaxe.