viernes, 24 de febrero de 2012

FESTIVAL DE ENTROIDO

Aquí temos as nosas estacións do ano en cartón, papel, aironfix,..... A que ten moito colorido?


miércoles, 22 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012



O xoves, 16, celebramos o ENTROIDO no noso cole. Pero os preparativos empezámolos moito antes. Este ano tocou disfrazarse de estacións do ano. As clases das profes Melu, Ana Martínez e á nosa eleximos o outono. Pensamos que estaría ben elexir froitos típicos de outono e así o fixemos: peras, mazás, uvas e calabazas. E... mans á obra, veña de recortar papel de cores, cartón, aironfix,telas,... Primeiro hai que facer as plantillas de cada froito, logo reproducilas, despois ven o momento de recortar e ao final os últimos toques con aironfix e as telas para os tirantes. Moito traballo, pero cando se fai en equipo e boa harmonía non é tan traballoso e ademais é moi  gratificante e os resultados son, como podemos observar, bastante aceptables.
A verdade é que nos quedaron bonitiños, senón xuzgade vós mesmos.






jueves, 16 de febrero de 2012

14 DE FEBREIRO: "DÍA DA AMIZADE"


Estes son os traballos realizados por Leticia, Erika e Martín con motivo do día da amizade. Pasámolo moi ben recortando moitos corazóns de distintos tamaños e cores e logo pegándoos para formar distintos animais. Tamén adornamos a bolboreta da amizade. A súa cabeza era tan apetecible ... Case daba gañas de comela.!!!



jueves, 9 de febrero de 2012

CHEGOU "O FRÍO INVERNO"


Este sinxelo mural no noso corredor recórdanos a estación do ano na que estamos. Mágoa que na imaxe non se poida  ler o fermoso poema dedicado ao inverno que escribiu Erika nas ramas da árbore.