martes, 20 de marzo de 2012

RECICLADO DE PAPEL


Co reciclado do papel puxemos punto final ao proxecto "Os nosos bosques".
A profe Ana Martínez elaborou un video con todo luxo de detalles para poder facer papel reciclado.
É un proceso un pouco laborioso pero vale a pena levalo a cabo pois podedes observar o resultado. Animádevos!!!


GRAZAS, ANA, POR TODO O TEU TRABALLO!! 

Como colofón ,fomos á sala de xuntas a ver a película "O Bosque animado" e de verdade que o pasamos ben e ademais hai que destacar o bo comportamento de tod@s.

lunes, 19 de marzo de 2012

REMATAMOS O INVERNO


 

Hoxe é o último día do INVERNO, maña iniciamos unha nova estación "A PRIMAVERA". Tamén é o día de S. Xosé (Día do Pai), no noso cole non houbo clase pois foi un dos días non lectivos que eleximos. Ademais tamén se celebra o bicentenario da Constitución de 1812  de Cádiz. "A PEPA".


jueves, 8 de marzo de 2012

FELIZ DIA DA MULLER TRABALLADORA!!!!!

"LA MUJER QUE MUEVE EL MUNDO CON SUS MANOS"




La mujer que mueve el mundo con sus manos
no descansa, no tiene calendario
y hace girar el día a su compás, y hace feliz de tanto como da.

La mujer que mueve el mundo con su cuerpo
es tan joven que no entiende de sexo
y tiene mil colores en la piel, y tiene mil dolores en su ser
y tiene mil deseos por cumplir, por ejemplo ser feliz.

La mujer que mueve el mundo con su boca
no se deja amilanar por la derrota
y habla y tiene tanto que decir
y habla hasta encontrar la solución
confiesa su temor y su pasión para sobrevivir.

La mujer que mueve el mundo con sus ojos
ve tan sólo la vida de reojo
y quiere ser la novia en el altar y quiere ser el pobre en el portal.

La mujer que mueve el mundo con sus sueños
de ilusiones va pintando los empeños
y sueña con llegar a ser mejor y sueña con un mundo sin verdad
y cree que algo se puede cambiar de esta realidad
por ejemplo ser feliz para sobrevivir.
La mujer que mueve el mundo con sus manos.

miércoles, 7 de marzo de 2012

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR.



REDUCIR: Tratar de ser aforradores no consumo de recursos.
REUTILIZAR: Volver a usar. Alongar a vida útil dos obxectos. Non os tires ao cubo do lixo. Úsaos de novo, para o mesmo uso ou para outro distinto. Sen creativo.
RECICLAR Cando non é posible volver a utilizar un obxecto, é necesario desfacerse del. Envia  os residuos ben separados aos diferentes contedores.

No Terra de Ferrol poñemos o noso graoiño de area para coidar o medioambente. "O movemento demóstrase andando"  Intentamos aplicar na regra das tres erres, senón vede a mostra adxunta. Así nos quedou unha parede do noso centro cos materiais elaborados para poñer os rincóns das nosas clases cando iniciamos o proxecto "Os nosos bosques". Este luns rematamos o devandito proxecto, hoxe retiramos os rincóns e a continuación conformamos o noso particular e peculiar bosque. Os nosos abandeirados animaliños son os nosos catro raposos, mascotas do proxecto, os " Pepiños"
Recordades o que diciamos das tres erres...., aforramos recursos, reutilizamos os materiais educativos elaborados e os que xa non podemos volver a usar, separamolos debidamente e botámolos nos contedores que temos no patio.
AZUL: papeis e cartóns.      VERDE: vidros.  
AMARELO: plásticos,latas e briks

domingo, 4 de marzo de 2012

CHARLA DE NUTRICIÓN

O xove, 1 de marzo, tivemos a sorte de ter connosco o alumnado do Ciclo Superior de Dietéctica e Nutrición do IES DE LEIXA. Iniciaron cunha presentación na que nos falaron de todo o relacionado cunha boa alimentación. Logo puxéronnos uns video educativos e ao final tíñannos preparada unha degustación de froitas variadas.




Ao final da charla tivemos unha degustación de froitas variadas. Gustáronnos moito as brochetas que nos axudaron a preparar.
MOITISIMAS GRAZAS AO ALUMNADO DE DIETÉTICA E NUTRICIÓN DE LEIXA!!
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Picture collage generated with Smilebox