viernes, 22 de junio de 2012

PROXECTO






 
Co visionado da película cars demos por rematado o noso "Proxecto de Educación Vial" por este curso, pois quedounos escaso o tempo para tratar unha temática tan ampla e necesaria para a nosa vida cotiá. Este proxecto iniciábamolo, xa andando o segundo trimestre. Primeiro preparamos os rincóns e logo empezamos a traballar, a nivel de aula facendo fichas interdisciplinares preparadas para desenvolver o devandito proxecto.
Realizamos unha saída ao Circuito de Educación Vial de Barallobre, onde os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de actuar como conductores. Estivemos  preto de dúas horas circulando, uns en bicis, outros en coche individuais, outros eramos peóns,.... Alí tiveron que poñer en práctica todo o que traballaramos na clase. O semáforo poñíase en vermello e había que parar, había cedas, pasos de peóns,....., e tamén gardas de tráfico que sancionaban se non cumpliamos as normas e incluso retiraban o carné e había que permanecer sen poder conducir. A verdade é que difrutamos moito!.
 Xa en maio veu  ao noso centro unha policía municipal a falarnos dos sinais e explicarnos como tiñamos que conducirnos como peóns nas rúas e ao día seguinte volveu e cando rematou a charla... Sorpresaaaaaaaaaaaaa!!!! Ensinounos o seu coche, sonou a súa serea e veu un compañeiro seu cunha moto. O mellor de todo, foi, cando poidemos montarnos na moto da poli!!!

Aquí vedes os carnés que lles foron expedidos por conducirse ben como peóns.


Este é o caderniño coas fichas do proxecto.





jueves, 21 de junio de 2012

SAÍDA Á LAGOA DE DONIÑOS

LAGOA E AREAL DE DONIÑOS

Variedades vexetais do camiño que bordea a LAGOA


Algunhas plantas existentes nas DUNAS




Esta é a nosa ruta, en imaxes, nos collages anteriores están algunhas das variedades de plantas e árbores que vimos ao longo do noso percorrido, tanto no sendeiro que bordea a lagoa coma nas dunas e ao final temos unhas fotos de toda a nosa andaina. Espero que vos guste. A verdade é que foi unha camiñata moi amena e educativa. Fran, o noso guía, foinos explicando ao longo de todo o camiño. Faciamos paradas para observar e dicianos o nome das plantas, árbores,.. Nun punto determinado sacou os prismáticos e deixoullelos aos nenos e nenas para que poidesen ver con claridade de que paxaros se trataba, en concreto eran andoriñas. Ao final da nosa ruta achegámonos ao areal e tivemos a sorte de albiscar dou golfiños que se nos agocharon detrás das rochas.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas!!!!.


viernes, 15 de junio de 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO

Programa
14 de xuño: 10:30h
Lugar: Sala de Xuntas.
CEE TERRA DE FERROL


1. Grupo de actividades extraescolares.
2. Teatro: os Ghazafelhos.
3. Grupo de Yanko.
4. Música para bailar na sala de xuntas.
5. Comida de confraternidade: alumnado e profes.

"Vale máis unha imaxe que 1000 palabras" 

Para que vós mesmos poidades xulgar se o pasamos ben ou non deixamos unha imaxes dese día.


lunes, 11 de junio de 2012

PIRÁMIDE ALIMENTARIA


Así de fermosa quedou a pirámide alimentaria que colocamos preto do comedor. Estes días pasados os alumnos e alumnas das profes Mª Carmen e Rita e nós, coa profe Begoña e tamén na nosa clase, buscamos   debuxos de alimentos, coloreámolos e plastificámolos. Para este último paso contamos coa axuda da profe Ana.  Logo clasificámolos por grupos alimentarios e puxémoslles velcro co obxectivo de podelos manipular e traballar con eles.  Dun golpe de vista observamos que, debemos beber uns 2 litros de auga ao día, comer moita froita, vexetais e cereais; menos cantidade de carne, peixe e lácteos e pouca cantidade de graxas, manteiga e doces. Coidemos a nosa dieta!!!


Aqui vos deixo un video onde nos relatan unha dieta equilibrada.







Para saber  todo sobre alimentacion e ademais pasalo ben aprendendo,.... preme  EDUCASALUDUR

viernes, 8 de junio de 2012

DIA MUNDIAL DOS OCÉANOS

8 de junio - Día Mundial de los Océanos
Dos terceras partes de la superficie de la Tierra están cubiertas por océanos, que constituyen una fuente de infinitos recursos: alimentos, energía, agua, hidrocarburos y recursos minerales.
El mar, en interacción con la atmósfera, la litosfera y la biosfera, favorece unas condiciones que posibilitan las distintas formas de vida en el planeta.
De los océanos se obtienen toneladas de pescado cada año, sal y agua dulce. Además, el desarrollo de reservas petroleras y de gas natural en ellos abastece gran parte de la demanda mundial de hidrocarburos combustibles.

En 1994 entró en vigor la Convención de las Naciones Unidas sobre la Ley para los Océanos. El 8 de junio se celebra a partir de una iniciativa canadiense.
Día Mundial de los Océanos

El mar constituye una de las principales fuentes de recursos

Directamente relacionado co Día dos Océanos está o obxectivo da Axenda 21 Escolar Galega que traballa sobre todo o relacionado co MEDIOAMBIENTE. Precisamente, este fin de semana, celebráronse en Santiago unhas xornadas de A21EG.

Aqui vos deixo unha ligazón para saber máis sobre
A21EG