lunes, 28 de enero de 2013

"COÑECENDO O UNIVERSO"



No CEE Terra de Ferrol dixemos que SI queríamos coñecer o universo e nas nas paredes do noso salón de actos temos unha exposición do devandito programa, grazas ao convenio de colaboración entre a Concellería de Educación de Ferrol e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Así o 24 de xaneiro, o responsable da sección de Astronomía da SGHN (Paulino Gasalla) veu ao noso centro a explicarnos as láminas da exposición e a proxectarnos un video "Stellarium" onde se pode ver o ceo do inverno cos todos os seus compoñentes, empezando pola Estrela Polar, as constelacións (Osa Maior, Casiopea, Osa Menor,...), os planetas (Venus e Xúpiter), satélites, asteroides,nebulosas,cometas,...








Tanto ao alumnado como ao profesorado encantounos a exposición, o video e a explicación de Paulino ao que lle queremos, dende aquí, dar as GRAZAS. Ao final houbo turno de preguntas e quen máis curiosidade tivo foi ANGEL  que é un apaixoado deste tema.

 Aquí temos momentos da charla:


jueves, 24 de enero de 2013

ANO NOVO... AULA NOVA

Á volta de vacacións, no mes de xaneiro
facemos  un intercambio pequeneiro:

As profes Melu e Digna intercambian as aulas!!!!
Grazas Melu por deixarnos este fermoso rincón do proxecto"Rumbo ao espazo"
  
 Para estrenar a nosa nova aula tivemos un evento moi gratificante por @s nen@s das clases das profes: Ana Martínez, Isabel Castro, Melu e Digna recibiron moi entusiasmados os agasallos que lles deixaron os Reis Magos.
 Observade estas fotos onde quedou plasmado este acontecemento.







 Tamén queremos mostrar gratitude ao taller de madeira por facernos varios arranxiños e poñernos unha cortiza na nosa nova clase. Grazas Roca e tamén grazas ao seu axudante Joni.


Nós estivemos traballando un pouquiño para ambientala dun xeito invernal. Aquí queda esta composición onde se ven distintos recunchos da nosa aula.