viernes, 24 de mayo de 2013

ARTE POLA IGUALDADE



TEATRO COLÓN (A CORUÑA)   23-5-2013
Conservatorio Profesional de Música
Centro Educación Especial María Mariño


 Este é o programa que ofreceu onte, no Teatro Colón de A Coruña, o alumnado do CEE María Mariño en colaboración con alumnado do Conservatorio Profesional de Música. 
Como podemos ver, 1º houbo unha representación teatral a cargo dos artistas do María Mariño "Os músicos máxicos" . Variedade de actores, dende os máis pequeniños ata os que case parecían profesionais polo ben  que o fixeron. O acompañamento musical correu a cargo de alumn@s do conservatorio, a Orquestra sinfónica, coro de Grao Profesional, Grupo de música co alumnado de nee matriculados no conservatorio e o Coro infantil.
En 2º lugar Música de Disney (arranxos de H.Paradela) a cargo do Conservatorio Profesional de Música.
En 3º lugar o Conservatorio Profesional de Música e CEE María Mariño, puxeron en escena a Muiñeira Ribeirana e un pasodobre (Bailaron alumnado e profesorado do CEE María Mariño).
Xa para rematar... todos en pé  cantamos "O Himno Galego".

PARABÉNS!!!!!!!!!

CEE MARIA MARIÑO
 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA



Alumnado e Profesorado do CEE TERRA DE FERROL que se desprazaron á Coruña, invitados pola Secretaría de Normalización Lingüística, para asistir ao evento.

Moitas grazas Pura Galán por acordarte de nós!!!
 Encantounos!!!

jueves, 16 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DO DIA DAS NOSAS LETRAS


Día 13 de maio 
 
 
CORRELINGUA 2013

"Galego, a chave do mundo" Este é o lema da carreira a prol do noso idioma. Este ano desenvolveuse nos Cantóns de Molíns. Ali tivemos  o punto de encontro co resto dos colexios que participaron  nos devanditos actos.
Nos cantóns había música galega, por suposto, e xogos populares. Na foto vemos como estamos a xogar aos pés quedos.
Fixo unha mañá moi boa, pasámolo ben e aproveitamos para dar un paseo  polos xardíns e deleitarnos ao aire libre nun lugar tan bonito como é a alameda do cantón. 
 Logo, no teatro Jofre, recibiunos o mago Martín Camiña que nos fixo uns cantos trucos de maxia (primeira foto).
A continuación participamos na actuación de banda de Luis Prego:"Para cantar e bailar"


Día 15 de maio

Iniciamos a celebración no Salón de actos.Para empezar proxectamos un video da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, con ilustracións e voces d@s nos@s rapaces.
1º Os alumnos leron anacos de obras de Roberto Vidal Bolaño.


 Carlos, Jordan, Diego, Jaime, Aníbal e Sergio 


A voz é de Jaime e a percusión de Sergio.
Obra: "Touporroutou da Lúa e do Sol"

2º Obra de teatro:"A tartaruga que quería durmir"

Marcos(substituíu a Ruth no papel de tartaruga)
Patricia, Joni, Lucía e Pablo.

3º Coa canción: "Quen quere entrar conmigo no baile..." fixemos unha roda para bailar alumnado e profesorado.




4º Obra de teatro profesional na sala de día.

GHAZAFELHOS presenta...."NON É UN PAÍS PARA CABALEIROS"


5º Partido de fútbol para rematar a celebración dun evento tan importante como é o...
 "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"



sábado, 11 de mayo de 2013

FELICITACIÓN A AULATIC POLO PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOG




Dende o noso humilde blogue queremos presentar o noso recoñecemento a ese tan merecido premio para AULA TIC TERRA DE FERROL ou mellor dito a profe ANA MARTÍNEZ REY que tanto monta, monta tanto.



PARABÉNS ANA!!!!!!
Con moito agarimo para unha compañeira marabillosa!!!!

Unha aperta moi moi grande d@s compañeir@s
e d@s alumn@s do CEE Terra de Ferrol.

viernes, 10 de mayo de 2013

ÚLTIMO ACTO DO PROXECTO "RUMBO AO ESPAZO"


Aquí temos a Jorge Díaz del Río Garcia, en plena charla,  explicándonos a súa presentación sobre temas variados relacionados co espazo.
Este xove enxeñeiro de telecomunicacións traballa, na actualidade, na Axencia Espacial Europea (ESA). Impartiunos unha interesantisima e amena charla, apoiada con fotografías e videos, do apaixoante tema do espazo; co cal ademais de demostrarnos todos os seus amplos coñecementos da súa profesión tamén quedou moi claro o seu potencial didáctico. 


O alumnado estaba emocionado e moi atento cando nos daba as explicacións das imaxes que nos mostraba.


Para rematar... turno de preguntas variadas, as que respostou con moito gusto e ademais de falarnos da súa experiencia profesional de haber traballado na NASA. 

Dende aquí queriamos darlle as grazas pola súa paciencia e a súa amabilidade por vir ata o noso centro dun xeito totalmente altruísta.
 Foi un pracer escoitalo.!!!!




ACTIVIDADE DE REPASO DO PROXECTO.
Para rematar o proxecto do espazo fixemos un lapbook cos datos máis importantes e significativos do tema. Aquí están as imaxes.



PREPARANDO O DÍA DAS NOSAS LETRAS


Iniciamos a ambientación do noso colexio para a Celebración do
  DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.
Esta semana recibimos, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o material editado con ocasión   do Día das Nosas Letras 2013 e que consiste nunha unidade didáctica e en 10 carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado "Roberto Vidal Bolaño" 
O obxectivo fundamental deste material é afondar no coñecemento do autor, tanto na súa figura coma na súa obra, así como analizar unha época de transcendental importancia no proceso de normalización lingüística e especialmente fecunda en manifestacións culturais da nosa lingua.

Asi buscámoslle un lugar de relevancia do noso centro e  colocámolo na entrada. Así nos quedou....


Para coñecer todo sobre Roberto Vidal Bolaño 




lunes, 6 de mayo de 2013

INAUGURACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DE POESÍA E IMAXE


Hoxe luns, foi a inauguración e a entrega de premios do 13 Certame de Poesía e Imaxe no Centro Cultural Carvalho Calero.
No noso colexio houbo dous gañadores:Carlos Mera(clase de Ana Martínez) e Aníbal Cañete(clase de Ana Sofía).
En primeiro lugar felicitar aos gañadores e as súas profes!!!!





Aquí temos unha foto dos gañadores e os seus compañeiros diante do cadro de Aníbal.

PARABÉNS PARA CARLOS E ANÍBAL!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

5 DE MAIO:" DIA DA NAI"


FELIZ DIA DA NAI!!!!!!


RosaCARTA DUNHA NAIRosa

Querido fillo/a :
O día que me vexas velliña, pídoche por favor que teñas paciencia. Tes que entender que a vida é un ciclo e todos volvemos a ser nenos!!!. Se cando falo contigo, repito o mesmo mil veces, non me interrumpas para dicirme: "iso xa mo contache" Só escoitame por favor...Cando queira comer algo que non deba pola miña saúde, non me berres, explícamo con cariño así como eu che explicaba moitas veces o dano que che facían os doces. Cando vexas a miña ignorancia ante a nova tecnoloxía, dame o tempo necesario para aprender, e por favor non poñas eses ollos nen esas caras. Recorda que eu che ensinei a facer moitas cousas como: comer, vestirte, peinarte e como afrontar a vida... O día que notes que me estou volvendo vella, ten paciencia conmigo e sobre todo trata de entenderme.... Se ocasionalmente perdo a memoria ou o fío da conversa, dame o tempo necesario para recordar e se non podo, non te poñas nervioso ou arrogante. Ten presente no teu corazón que o máis importante para min é estar contigo, que me pidas consellos e me teñas en conta. E cando as miñas cansas e vellas pernas, non me deixen camiñar coma antes, dame a túa man, da mesma maneira que eu cha ofrecín cando deche os teus primeiros pasos. Cando estes días cheguen, non te sintas triste nin me fagas sentir incompetente, axúdame mentres chego ao final da miña vida, pero con amor e cariño. 
Regálame flores "agora" que podo cheirar o seu aroma, dime que me amas "agora" que aínda podo escoitarte, demóstrame o teu amor "agora" que podo verte. Anque non teña diñeiro para premiarte cun regalo, eu agradecereicho cun gran sorriso, QUEROTE
Atentamente,
A túa nai.


RosaAMOR ETERNORosa
 (Gustavo  Adolfo Bécquer)

Podrá nublarse el sol eternamente;
Podrá secarse en un instante el mar;
Podrá romperse el eje de la tierra
como un débil cristal .
¡Todo sucederá! Podrá la muerte
cubrirme con su fúnebre crespón;
Pero jamás, en mi, podrá apagarse
La llama de tu amor.


Estas rosas rojas con corazón.....


.........dedicadas a todas as NAIS, en particular,  e a todas as MULLERES, en xeral.



viernes, 3 de mayo de 2013

PLANTACIÓN CONMEMORATIVA DIA DA TERRA



Onte, xoves , saímos a facer unha plantación no noso SOUTO particular. Que luxo!!! A verdade é que non valoramos o que temos, é todo un privilexio ter estes alrededores tan poboados de frondosas e preciosas árbores. Para que isto non decaia hai que coidalo e ir repoboando. Con motivo da conmemoración Día da Terra (con lixeiro retraso debido as inclemencias meteorolóxica) realizamos a plantación de 4 árbores. 
No noso centro temos  un PCPI e un taller de xardinería e polo tanto levabamos moitos profesionais, expertos e aprendices da materia que aproveitaron para facer prácticas. 
A primeira árbore plantámola na zona da entrada principal e foi un GINKGO BILOBA.

 Este é o noso recén plantado e...este será cando pasen uns anos.

Ademais esta árbore milenaria (procedente de China) ten propiedades curativas, o extracto das súas follas é moi utilizado en Xapón para aumentar a  destreza mental e agudizar a memoria.

Logo fomos cara o souto e alí, o primeiro que plantamos foi un ALERCE EUROPEO.
Desta árbore obtemos unha resina chamada trementina e tamén a súa madeira. No aspecto curativo utilizouse para facer ungüentos, emplastos e outros produtos farmacéuticos.


  Alerce recén plantado e...como esperamos que sexa no futuro.

A 3ª que plantamos foi unha NOGUEIRA, árbora da que se utiliza todo. A madeira para a construciión de mobles, o zume da raíz é diurético e laxante, as follas reforzan os músculos e a estructura ósea. Os seus froitos, as noces, son os froitos secos máis nutritivo.


A nosa non ten ningunha folla pero...co paso do tempo darános noces.


Por último plantamos un  CASTIÑEIRO Desta especie xa temos bastantes no colexio e cando chega a época das castañas é unha verdadeira festa pois @s nen@s encántalles apañalas.
         
  Este é un castiñeiro bebé e este exemplar do noso souto é adulto.

Se queredes ver máis fotos onde están a maioría  do alumnado do centro poñendo o seu "grauíño de terra" aquí temos unha selección. As últimas imaxes son de árbores que temos no noso patio de recreo.

PLANTACION DÍA DA TERRA on PhotoPeach

jueves, 2 de mayo de 2013

TEATRO DE TÍTERES NA FUNDACION NOVACAIXA GALICIA


A FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA, ofreceunos a posibilidade de ver a Compañia Viravolta Títeres cunha fermosa obra ...
 "A caixa da música"


Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar "gran axuda".
É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores reflectantes na luz negra.
A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasladaos ao mundo de Icía e Salterio.



Aquí estamos á saída do teatro, antes de voltar ao cole.

 Pasámolo moi ben!!!

Clica na imaxe para saber máis.