lunes, 30 de abril de 2012

XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA





O venres e o sábado asistín a unhas xornadas de innovación educativa, aquí vos deixo o programa e unha fermosa poesía.


"AS 100 LINGUAXES DO NENO"

O neno está feito de cen.
cen xeitos de expresión,
cen mans, cen pensamentos,
cen xeitos de pensar, de xogar e de falar
cen, sempre cen maneiras de escoitar, 
de sorprenderse, de amar,
cen ledicias para cantar e entender,
cen mundos que descubrir,
cen mundos que inventar,
cen mundos que soñar.
O neno ten cen maneiras de expresión,
centos e centros máis,
pero róubanlle noventa e nove.
A escola e a cultura sepáranlle
a cabeza do corpo.

E dinlle:
Que pense sen mans.
Que traballe sen cabeza.
Que escoite sen falar.
Que comprenda sen ledicia.
Que ame e se marabille
só na pascua e no nadal.
Dinlle ao neno:
Que descubra un mundo que xa existe
e de cen róubanlle noventa e nove.
E dinlle:
Que o xogo e o traballo,
a realidade e a fantasía,
a ciencia e a imaxinación,
o ceo e a terra,
a razón e o soño
son cousas que non van xuntas
e dinlle que o cen non existe.
O neno di:
“Claro que si! O cen está aquí”

Loris Malaguzzi

viernes, 20 de abril de 2012

CONCURSO:POESÍA E IMAXE.

 Aquí vos deixo os traballos que presentamos na nosa clase para o concurso de Poesía e Imaxe.

jueves, 19 de abril de 2012

AO MAL TEMPO.... BOA CARA!!!



 En abril augas mil!!!
Confésome unha forofa dos ditos e refráns. Aquí no Terra de Ferrol imos aplicar o título da entrada e...aínda que o tempo está tan desapacible as datas dinnos que estamos na PRIMAVERA  e polo tanto os nosos corredores están engalanados cos motivos propios da estación na que nos atopamos. Como mostra podedes observar as seguintes fotos dos nosos traballos, e para seguir tamén na nosa liña algúns dos traballos son feitos con materiais reciclados. Porque " o movemento demóstrase andando"....,  que mellor xeito de concienciar ao alumnado do importante que é reciclar !!!





lunes, 9 de abril de 2012

CONCURSOS E ACTIVIDADES

Aquí temos unha mostra visual das distintas actividades que estivemos a facer antes das vacacións de Semana Santa, mañá toca retornar ao cole e comezar o terceiro trimestre. E como traemos as pilar cargadas... ÍMOLO CONSEGUIR. ÁNIMO!!! Estamos na recta final do curso 2011/2012.