viernes, 12 de noviembre de 2010
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Hoxe celebramos o magosto. Antes do recreo reunimonos todo o alumnado na sala de xuntas. Alí visionamos dous videos dos rapaces das nosas clases. Un deles "A castaña que quería saber de onde procedía" foi escrito e ilustrado por DANIEL MÉNDEZ, e gravado por el e polos seus compañeiros de ciclo.
Entre video e video o grupo de alumnos e alumnas que conforman o grupo musical cantaron a canción popular do magosto "Non chas quero, non chas quero"
Logo, por fin, fomos para o comedor onde nos esperaban unhas riquisimas castañas asadas e cocidas. Para que nolas serviran levabamos todos unhas cestas que estivemos a decorar estes días pasados nas clases. Tamén decoramos espigas de millo e fixemos unha pequena exposición na entrada e outra nos corredores da primeira planta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario