viernes, 29 de abril de 2011

SAÍDA DIDÁCTICA: EXPOSICIÓN DE PICASSO


Mércores, 27 de marzo, fixemos unha saída didáctica á Sede da Fundación Caixa Galicia a ver unha exposición de Picasso "Suite Vollard", colección de 100 gravados realizados por Picasso entre 1930 e 1936 encargados polo Marchante francés Ambroise Vollard.
Trátase dunha colección de estampas realizadas coas técnicas de augaforte, augatinta, augada, punta seca, buril ou rascador. Estas combinacións fan da serie unha escolma de gran riqueza, onde acusa a influencia da arte helénica. Son gravados especialmente destacables pola acertada mestura entre técnica e temática, achegando unha profunda cohesión dentro da súa variedade.
Cen gravados que destacan a xenialidade do artista que concilia á perfección a euforia e a melancolía nunha especie de Grecia de outrora, imaxinada por el.



 

1 comentario:

  1. Supoño que a visita resultouvos interesante. Estades moi guapos na foto! Bicos.
    Espero que che chegue este comentario pois xa o intentei un par de veces e nada.

    ResponderEliminar