lunes, 9 de mayo de 2011

9 DE MAIO, DIA DE EUROPA

Hoxe, 9 de maio, celebramos o "Día de Europa". Por que esta data? Porque o 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria nun momento moi delicado, pois sobre Europa pendía a amenaza dunha terceira guerra mundial. Nesta data convocouse á prensa en París para facer pública "unha comunicación da maior importancia", redactada por Jean Monnet e comentada e lida por Robert Schuman; Ministro francés de Asuntos Exteriores. Propoñíase crear unha institución europea supranacional encargada de administrar as materias primas que naquela época eran a base de toda potencia militar: o carbón e o aceiro. Estes foron  os inicios da Unión Europea. Na Cumbre de Milán de 1985 os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa".

No hay comentarios:

Publicar un comentario