Hoxe, martes, celebramos o Día da Paz e Non Violencia no noso cole.
Reunímonos ás 11:30 na Sala de Xuntas para celebrar a devandita data. Comezamos, o acto, visionando unha presentación sobre este día; logo Jaime e Rubén leron unhas poesías alusivas á paz. A continuación, un fermoso video, montado por Ana Martínez: A pomba Mari Paz". Para rematar construimos a "Nosa Pomba de Paz" que é un puzzle, cada clase adornou unha peza que fomos colocando en riguroso orde. O resultado foi unha preciosísimma "Pomba" como podedes observar. Á nosa clase tocounos engalanar a cabeza da pombiña.
Para finalizar a nosa peculiar celebración tivemos chocolate con churros no comedor.
Que a PAZ non se reduza á celebración dun único día e dure todo o ano e enchoupe os nosos corazóns!!!!
O traballo en equipo sempre queda moi ben. Quedounos una pombiña preciosa. Biquiños compi.
ResponderEliminar