miércoles, 22 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012



O xoves, 16, celebramos o ENTROIDO no noso cole. Pero os preparativos empezámolos moito antes. Este ano tocou disfrazarse de estacións do ano. As clases das profes Melu, Ana Martínez e á nosa eleximos o outono. Pensamos que estaría ben elexir froitos típicos de outono e así o fixemos: peras, mazás, uvas e calabazas. E... mans á obra, veña de recortar papel de cores, cartón, aironfix,telas,... Primeiro hai que facer as plantillas de cada froito, logo reproducilas, despois ven o momento de recortar e ao final os últimos toques con aironfix e as telas para os tirantes. Moito traballo, pero cando se fai en equipo e boa harmonía non é tan traballoso e ademais é moi  gratificante e os resultados son, como podemos observar, bastante aceptables.
A verdade é que nos quedaron bonitiños, senón xuzgade vós mesmos.






2 comentarios:

  1. Pero, que guapísimos e guapísimas iamos!!!!! A verdade é que traballiño dou moito pero merece a pena vendo os resultados ¿ou non? Un biquiño compi e ata mañá.

    ResponderEliminar
  2. Imaxino o traballo que deron pero como di Ana mereceu a pena. Están guapísimos e todos xuntos e con tanto colorido, gustaríame vervos. Bicos.

    ResponderEliminar