REDUCIR: Tratar de ser aforradores no consumo de recursos.
REUTILIZAR: Volver a usar. Alongar a vida útil dos obxectos. Non os tires ao cubo do lixo. Úsaos de novo, para o mesmo uso ou para outro distinto. Sen creativo.
RECICLAR: Cando non é posible volver a utilizar un obxecto, é necesario desfacerse del. Envia os residuos ben separados aos diferentes contedores.
No Terra de Ferrol poñemos o noso graoiño de area para coidar o medioambente. "O movemento demóstrase andando" Intentamos aplicar na regra das tres erres, senón vede a mostra adxunta. Así nos quedou unha parede do noso centro cos materiais elaborados para poñer os rincóns das nosas clases cando iniciamos o proxecto "Os nosos bosques". Este luns rematamos o devandito proxecto, hoxe retiramos os rincóns e a continuación conformamos o noso particular e peculiar bosque. Os nosos abandeirados animaliños son os nosos catro raposos, mascotas do proxecto, os " Pepiños"
Recordades o que diciamos das tres erres...., aforramos recursos, reutilizamos os materiais educativos elaborados e os que xa non podemos volver a usar, separamolos debidamente e botámolos nos contedores que temos no patio.
AZUL: papeis e cartóns. VERDE: vidros.
AMARELO: plásticos,latas e briks
AMARELO: plásticos,latas e briks
Es que somos moi apañadiñas, non si? Gústame a entrada. Biquiños.
ResponderEliminar