O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e en concreto as profes Patricia e Lucía, tiveron a gran idea de preparar unha obra de teatro. A obra é "Chibos chibóns" da editorial Kalandraka e pertenece á colección "Os contos do trasno"
A historia é a seguinte: Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.
Un día miraron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que inxeniar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o inxenio poden máis que a forza física...

Aquí están as directoras e realizadoras da obra co terrible ogro. Patricia, Manu e Lucía.
O reparto: o chibo chibón grande (Martín), o chibo chibón pequeno (Pablo), o chibo chibón mediano (Alfonso) e o ogro (Manu)
FELICITACIÓNS!!!
Seguro que o pasáchedes xenial. Mágoa non poder velo. Unha aperta.
ResponderEliminar