APROXIMACIÓN ÁS AULAS DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL (BIS)
Construimos rutinas para a anticipación, a expectativa e a elaboración da experiencia
sensorial.
Defensas
e recursos de protección: a segunda pel : refuxios , escondites, envoltorios,
parapetos e niños.
Buscar os efectos que pode producir un obxecto non convencional (botella grande con auga e cores ensuspensión tirada por unha corda): polas canles sensoriais, polas súas características físicas: forma, peso, movemento, polas características de desplazamento e ocupación do espacio, polas suas posibilidades relacionais na proximidade e na distancia.
Para rematar, un video e comentario sobre unha sesión individual con un neno con grave discapacidade motriz: os
espacios- niño, os formatos de xogo e participación, a regulación
actividade-descanso, estimulación motriz da vivencia do ritmo, do balanceo e do
desplazamento, a exploración dos obxectos, as operacións relacionais cos obxectos, a
estimulación plantar e a estimulación de segmentos corporais e formas de apoio
para a vivencia do esquema corporal.
Finalizamos cun breve repaso de programas e
rexistros de estimulación multisensorial e dos recursos web, cun repaso teórico das nocións practicadas nas sesións previas, aspectos
a ter en conta para a elaboración das sesións de estimulación e presentación curta dos materiais fotocopiados que se facilitaron para esta
actividade.
A VALORACIÓN, de todos os asistentes, FOI MOI POSITIVA
Moitas GRAZAS Xoana por compartir con nós a túa experiencia e os teus coñecementos.