APROXIMACIÓN ÁS AULAS DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL
Hoxe, luns, 5 de novembro iniciamos a andaina polo noso flamante Plan de Formación. Estrenámonos cun curso moi interactivo e multisensorial, a nosa relatora é "Xoana Balado", pedagoga moi experimentada neste campo. Esto que vemos na fotografía foi a última actividade da 1ª sesión. Preparounos un circuíto sorpresa que había que percorrer por parellas, un membro da parella iba cos ollo tapados e descalzo e o outro actuaba de lazarillo. Logo permutábanse os papeis e volvíamos a facer o circuíto. Para rematar, posta en común para expresar as sensacións vividas.
Estivo moi interesante, o principal obxectivo é que nós poidamos percibir as distintas sensacións para que llelo poidamos transmitir ao noso alumnado.
Quedan outras dúas sesións, o 7 e o 12 deste mes. De seguro que serán tan gratificantes coma a de hoxe.
Encántanme o curso que estamos a facer. Se a sesión do luns estivo xenial... a de hoxe non se quedou para nada atrás. Unha aperta e ata mañá.
ResponderEliminarPD Cóidate ese resfriado e cediño para camiña.