Mural-Collage de reciclado
Esta foi a contribución das clases das profes Ana e Digna para conmemorar a celebración do DÍA DO MEDIOAMBIENTE.
Primeiro cada unha traballamos na nosa titoría con materiais alusivos ao medioambiente e logo xuntámonos para facer este traballiño con materiais de refugallo.
O resultado podédelo ver na imaxe, modestia a parte, cremos que nos quedou fermoso.
Ademáis de traballar o tema da reciclaxe tamén o facemos en equipo con todo o que iso conleva. É xenial!!!
Quería, dende aquí, aproveitar para darlle as gracias á miña querida compañeira de fatigas, Ana, por todos os traballos que levamos feito xuntas. Dicir que aprendín moito con ela e que quero facer apoloxía do traballo en equipo (valla a expresión). Creo firmemente que é moi enriquecedor, máis creativo, motivador,comprometido,......
Todo equipo necesita un líder, no noso é Ana.
Só dicir que é un verdadeiro pracer traballar así.
Estes paxaros están feitos con planchiñas de porespan pintadas e recortes de gomaeva.
Con bandexas da froita e tapóns de botellas.... saen flores, xoaniñas, peixes, paxaros, vermes, gatos, arañas,.....
Xa podedes ver cantos animais fixemos con simples tapas de botellas.
Agora tócalle o turno ás flores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario