O día 22 de xuño empezaron as vacacións para o alumnado. Fóronse para as súas casas uns, para centros de verán outros e hai un grupo que xa marcharon definitivamente do colexio porque acabaron a súa escolaridade. A todos:
Boas vacacións!!!!!
Antes de despedirnos ata setembro imos recordar O FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Resultou todo moi bonito e pasámolo moi ben, celebrámolo o xoves, 16 de xuño, porque algúns nenos/as non viñan na seguinte semana.
O programa da mañá foi o seguinte:
Antes do recreo fomos á sala de xuntas, en primeiro lugar a profe Ana Martínez recopilou e elixiu fotografías de todos os eventos que realizamos ao longo do curso, tamén escolleu unhas músicas preciosas e con elas creo un fermosísimo vídeo. Moitas grazas Ana por todas as túas horas adicadas en prol do centro e de todos nós.
A continuación viñeron, Branca e unha intérprete da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG), a contarnos o conto:"Una casa a medida". As personaxes son, unha xirafa e un crocodilo que viven xuntos e teñen grandes dificultades para que a súa casa cumpra os requisitos para que poidan convivir os dous. Tamén nos ensinaron algúns signos que puxemos en práctica.
Despois do recreo o alumnado autónomo xogou un partido de fútbol e o resto foron á sala de día, para divertirse cos xogos populares.
Por último na sala de xuntas tivemos un concerto moi bonito e animado. Un coro, formado por catro rapazas e dirixidas polo seu monitor de música, do IES de Canido ofrecéronnos varias cancións e ao final subiron ao escenario varios alumnos/as do colexio e cantaron con elas. O resto acompañámolos bailando. Pasámolo "requeteben". Para finalizar este día tan especial, todos alumnos/as e a maioría de mestres e mestras comemos xuntos no colexio.
A continuación temos unhas fotos de todas estas actividades onde podedes observar como nos divertimos.

FIN DO CURSO 2010/2011 - foto montaje
Para rematar desexar a todos/as: alumnado, persoal laboral,compis,....
Feliz verán!!!!!!!!!!!!!!!!
É de ben nacidos ser agradecidos.........quero e debo darlle as gracias á miña compi ANA MARTÍNEZ por toda a súa axuda e apoio. Este humilde blog débollo a ela, pois animoume e axudoume a crealo.
É unha persoa marabillosa e mellor compañeira!!!!!!!
Seguiremos para o vindeiro curso. Verdade?
BICOS MIL E ATA O 1 DE SETEMBRO!!!
É unha persoa marabillosa e mellor compañeira!!!!!!!
Seguiremos para o vindeiro curso. Verdade?
BICOS MIL E ATA O 1 DE SETEMBRO!!!
Parece incrible pero é certo...¡Deixáchesme sen palabras! Non fai falla que me agradezas nada, eu simplemente axudeite no que poiden, igual que ti fixeches comigo, apoiándome cada día e axudándome en moitas cousas, entre elas a chegar a final de curso. Un BIQUIÑO con maiúsculas que o mereces e con crezes. E por fin podemos dicir (despois de semellante ano que pasamos) FELICES VACACIÓNS E ATA SETEMBRO.(recarga ben as pilas que non vai facer moita falla)
ResponderEliminarMuac Muac :)
Feliz verán e boas vacacións!!! Telas moi merecidas. Moitos bicos.
ResponderEliminar