Hoxe, pola mañá, fomos a unha saída didáctica. Ao itinerario foron en total 20 alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos, acompañados polos adxuntos Roca e Luis, o coidador Andrés e as profes: Melu, Patricia Galdo, Patricia e Digna. No aparcamento da praia estaba esperando Fran, o guía do devandito itinerario, levounos polo paseo do areal. Foinos contado todas as especies vexetais e as diversas aves mariñas que hai na lagoa. Dende un punto do itinerario observáronas máis de preto xa que Fran iba provisto duns potentes prismáticos, puxéronse en fila e un a un foron mirando.
Cando chegamos ao final da lagoa merendamos e ao rematar, regresamos polo mesmo paseo cara ao autobús.
Ademais de aprender, pasámolo ben e fixemos exercicio en plena natureza!! Que máis se pode pedir?
No hay comentarios:
Publicar un comentario