miércoles, 21 de diciembre de 2011

FESTIVAL DE NADAL

Erika, Leticia, Martín, Dani Méndez e Digna deséxanvos unhas BOAS FESTAS E PRÓSPERO ANO 2012!!!!

O xoves, 15 de decembro, tivemos un día con moita actividade no noso colexio. Pola mañá fomos a maioría do alumnado ao cine, fomos todos no autobús á zona de Esteiro. Alí dividimonos en dous grupos, os máis pequenos fomos ver "A tropa de trapo". É unha película de debuxos animados moi divertida, gustounos moito. Regresamos de novo ao centro, comemos e a continuación empezamos os preparativos para o festival. Estábamos un pouco nerviosos porque todos estes días pasados estivemos ensaiando para telo todo moi sabido, ademais viñan os familiares de moitos nenos. A sala de xuntas estaba chea de xente pois tamén se quedaron os coidadores, adxuntos de talleres, persoal sanitario e persoal laboral e por suposto todo o profesorado.

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Ecard personalized with Smilebox

2 comentarios:

  1. Chulísima a presentación que fixeches do festival. Seguro que foi un día moi especial, participando todos para as familias. Moitos bicos e Felices Festas!!!

    ResponderEliminar
  2. Pasámolo moi ben, non si? O mellor por suposto El gallo Pinto, ¡que vou decir eu! Biquiños e moi Bo Nadal.

    ResponderEliminar