martes, 13 de diciembre de 2011

NADAL 2011


Todos estes dias estivemos moi atarefados porque adornamos as aulas e os corredores do noso colexio. Fixemos Papás Noel, estrelas, bolas, campaíñas, botas de nadal,... Tamén elaboramos un mural-belén, todas as personaxes e as estrelas do nacemento son os/as alumnos/as. En todo o colexio se respira una aire navideño  moi agradable e tenro. Este próximo xoves imos ter o festival e para que a celebracion sexa plena comeremos todos os profes no comedor. Para a sobremesa imos ter as actuacións    duns artistas moi especiais "o alumnado do Terra de Ferrol"

Aquí vos deixo unhas fotos  para que vexades unha pequena mostra de todo o que traballamos.


2 comentarios:

  1. Encántame como te quedou o Kizoa, bueno sóbranlle algunhas palabras no Belén... (no tiñas por qué citarme) pero encántame de todas a todas. Biquiños compi, facemos un tándem perfecto, mágoa de non estar as clases máis preto como o ano pasado pero de todos xeitos non conseguirán separarnos , non?

    ResponderEliminar
  2. Pero moito traballades! E que cousas tan chulas!
    Estades poñendo o cole precioso!. Bicos e Boas Festas para todos/as.

    ResponderEliminar