As 11:30h. reunímonos no salón de actos todas as clases para conmemorar unha data tan sinalada e importante, e moito máis no mundo actual tan plagado de conflictos e guerras.
Iniciamos o acto coa lectura de poemas a cargo do alumnado do PCPI.
A continuación visionamos a presentación e o video, "A Avestruz Troglodita", que elaborou a profe Ana Martínez.
Logo o video "O Abecedario da PAZ" no que os protagonistas son todos os rapaces e as rapazas do colexio. Quedou fermosisimo!! Ademais encántalles verse porque son os "PROTAGONISTAS". Parabéns a Ana e tamén a Patricia por este traballo tan ben feito!!!
Por último, no salón de actos fixemos un corro e ao son da canción "Que viva a paz e o amor" lanzamos os avións-pombas da PAZ nos que había escritos desexos de paz.
Xa para rematar este DÍA tan especial ... no comedor...
GRAN CHOCOLATADA CON CHURROS!!!
Graciñas a ti profe por toda a túa axuda para facer as actividades. Unha aperta.
ResponderEliminar