Este fermoso poema sobre a PAZ de Gloria Fuertes ilustra a parede do corredor da 1ª planta onde temos as aulas as profes Ana e Digna. Creámolo entre o alumnado das dúas clases. As mans que están plasmadas dentro do corazón son as dos nosos nenos e nenas.
Este é o debuxo da Pomba da Paz que coloreamos, recortamos e montamos cun pau de madeira metido nunha palliña , para que así poidamos deslizar e mover as ás da pomba. Así nos quedou:
Tamén coloreamos e doblamos, para dar forma de avións, a outros debuxos do símbolo da paz. Así nos quedaron:
Grazas aos teus nenos e aos meus, quedaronnos uns traballos moi bonitiños e un mural precioso. Un biquiño.
ResponderEliminar