lunes, 29 de abril de 2013

AMBIENTACIÓN PRIMAVERAL NO TERRA DE FERROL

Así de florido está o corredor da primeira planta, pois temos un gran mural que vai dende a porta da aula da profe Ana Martínez ata a da nosa aula. Os lindes do mural son precisamente as portas, como podedes observar a nosa ten unha fermosa árbore cun montón de paxaros, un niño con ovos, bolboretas, flores,... 
 As primeiras mostras da primavera nótaronse nos exteriores do noso centro como podemos observar.
PRIMAVERA NOS XARDÍNS 




Estes xardíns están tan fermosos gracias ao coidado do adxunto de xardinería, Luis. Baixo a súa dirección fan as prácticas o alumnado do PCPI  e de paso colaboran no mantemento das distintas especies de árbores. 

PRIMAVERA NA ENTRADA DO COLE.


 

Ao entrar no edificio, outra bocanada de primavera nos invade. As profes Patricia e Lucía coa colaboración de Isabel Castro crearon este colorido xardín artificial.

PRIMAVERA NA NOSA AULA.




Aquí temos a nosa aula na que se respira  o mesmo aire primaveral que temos no resto do centro.

PRIMAVERA NO NOSO CORREDOR.

Un collage cos distintos motivos primaverais.

Ruth, Erika e Joni saltanto á comba.

Daniel xogando ao fútbol que é o seu deporte favorito.

Carlos gozando dun día de campo.

Javier voando o seu papaventos .

Leticia e Lucía arrandeándose.

jueves, 25 de abril de 2013

POESÍA EN MOVIMIENTO


Alumnado, coidadoras e profesorado do CEE Terra de Ferrol que asistimos á representación  teatral "Poesía en movimiento" que a Compañía de Blanca Marsillach e Varela producións ofreceron na Centro Cívico de Caranza, dentro do programa interactivo de iniciación ao teatro para persoas con discapacidade. Este proxecto está promovido pola Deputación de A Coruña.


Aquí a actriz e dramaturga, Blanca Marsillach, e o actor Xabi Olza presentándonos a obra que dirixe Adolfo Marsillach. É unha adaptación de obras de Góngora, Garcilaso, Quevedo,....
En Galicia, a estrea foi na Casa da Cultura de Sada e seguiron as representación nos Mallos e na Fundación MªJosé Jove.
Hoxe tivemos a sorte de poder tela en Ferrol e ademais de ver a estes dous grandes actores, @s nos@s rapaces interactuaron na propia representación. Ao final da obra pediron voluntarios e... @s actores do CEE do Terra de Ferrol subiron ao escenario.


Alfonso e Lara en.... "Poderoso caballero es don dinero"

.

Manu coa coroa real e Ramiro no papel de criado do rei.


Pasámolo moi ben.!!!!

Parabéns á Compañía de Blanca Marsillach!!!

miércoles, 24 de abril de 2013

TRABALLOS DO DÍA DA TERRA E DO LIBRO


Fixemos este mural comparativo dunha Terra Contaminada e dunha Terra San. Reflexionamos sobre as accións que contaminan máis ou menos e fomos poñendo os debuxos alusivos nunha das columnas segundo correspondía.


Lemos  "La Tierra está embrujada". Un fermoso conto que nos fai pensar sobre o  comportamento para co Planeta Terra e tamén nos dá apuntes de como debe ser o noso comportamento para non contaminala e así conseguir unha Terra SAN.




Estes son os nosos tarxetóns-boneco. A cabeza é a Terra, feita con filtros de melita pintados con rotulador verde e azul (continentes e océanos). Unha vez que secou  pulverizámola con auga co conseguimos un efecto difuminado da pintura. Dentro cumplimentamos un breve contrato, un compromiso individual con pequenos xestos que podemos ter podemos ter para co noso Planeta.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO(23 DE ABRIL)



Empezamos a mañá lendo o poema de Gloria Fuertes "Don libro está helado"
Este poema conforma o reverso do marcapáxinas e no frontal temos una imaxe de Gloria Fuertes cun libro nas mans e a data conmemorativa. (Montaxe realizado pola profe Ana Martínez). Así nos quedaron os nosos marcapáxinas.


Despois do recreo fomos á Biblioteca e asistimos á estrea dunha obra de teatro "A tartaruga que quería durmir"  As Profes Lucía e Patricia foron as encargadas de facer os decorados, o vestiario, os arranxos e a preparación da devandita obra.


Aquí están as directoras e realizadoras da obra cos protagonistas: A tartaruga (Ruth), a cotovía (Pablo), o león (Jonathan), a araña (Alfonso). Este protagonista non aparece na fotografía.

martes, 23 de abril de 2013

DIA DO LIBRO


23 DE ABRIL DE 1616
Faleceron as seguintes  personalidades : Cervantes, Shakespeare, o Inca Garcilaso de la Vega.
Para render homenaxe universal aos libros e aos autores, a Conferencia Xeral da Unesco tomou esta decisión no ano 1996 en  París. Dende entón vense celebrando cada 23 de abril o DIA DO LIBRO
FELIZ DÍA!!!



viernes, 19 de abril de 2013

TEATRO: "O CAMIÑO DO LOBO"


A Fundación Novacaixa  Galicia ofrécenos a obra "El camino del lobo" posta en escena pola Compañía do saco, ano 2005 como un proxecto para a recuperación da oralidade e a música tradicional que existía aínda no val do Ebro e no conxunto do Camiño de Santiago. 
Esta compañía está formada por: Daniel Latorre (Músico e lutier), Carlos Pérez Aradros (profesor de maxisterio e traballa como Amaya Mangano (profesora de música que traballa recuperando romances e cantigas o camiño de Santiago) e Carles García Domingo (narrador de contos tradicionais)
A obra: tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha cidade do Camiño de Santiago e sacan os seus instrumentos, marionetas, os seus bártulos e enseres. Entón comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e  os contos e canción que foron recollendo na súa andadura.


O narrador ao longo da obra intenta reflexar o que eran as compañías de cómicos que  durante séculos percorreron o Camiño de Santiago aproveitando a atracción de  visitantes e a actividade económica que conleva. En todas as festas locais, nas feiras ou mercados celebrábanse ceremonias relixiosas pero tamén populares. Representábanse obras de teatro, narración de romances, títeres e música para bailar e divertir. Estas compañías ambulantes adaptábanse ao que o público reclamaba en cada caso. O repertorio compoñíase de narracións e cancións nos diferentes idiomas dos lugares que o  camiño atravesaba, galego castelán, asturiano, francés,...


Este espectáculo ten unha parte lúdica e outra didáctica, na que se explican e traducen as diferentes pezas que o integran.
Utilizan varios instrumentos: gaita riojana, chicoten ou tambor de cordas, rabel, zanfoña, vihuela, pandeiro cuadrado e redondo, pandeireta, culleres, frauta e percusións diversas.
Cando rematou a obra despedíronnos con música.



Logo tivemos un momento de esparcimento no parque esperando no autobús para retornar ao colexio.




domingo, 7 de abril de 2013

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

FELIZ DÍA DA SAÚDE 2013!!!!!

Este ano está adicado á HIPERTENSIÓN

Aquí quedan uns videos e unhas cancións para os nos@s nen@s...
















sábado, 6 de abril de 2013

CONCURSO: POESÍA E IMAXE

XIII CERTAME DE CREACION  ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE.

O Concello de Ferrol, en Colaboración coa Coordinadora de Normalización Lingüística, organiza o Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe. 
A devandita actividade consiste en presentar fragmentos da literatura universal ao  alumnado para que lles poñan imaxes propias.
Na nosa clase participamos con dúas poesías:

LINGUA MIRANDESA
Ls tous uolhos nun son uolhos,
Que son dues azeitonicas;
Fechados son dous botones,
Abiertos son dues rosicas!
(Popular)


Os teus ollos non son ollos,
Que son dúas oliviñas; 
Fechados son dous botóns,
Abertos son dúas rosiñas!


 LINGUA CATALÁ
Tarda de tardor (cap al tard)
Vacaure de l'arbre
l'última fulla,
no pas pel vent;
del vent, ni parla-ne,
que fou la caiguda
per avorriment!
(Mar Pavón)




Tarde de tardío (que tardea)
Da árbore caeu
a última folla,
mais non polo vento,
dígocho eu,
por aburrimento!


A primeira imaxe é de Javier Trinidad e a segunda é de Daniel Torres.



viernes, 5 de abril de 2013

EXPERIMENTOS SOBRE O ESPAZO



Seguimos a traballar no Proxecto Rumbo ao espazo.
Aquí deixo unhas imaxes dalgúns experimentos que fixemos para que @s  alumn@s poidesen entender como se formaron os cráteres da superficie lunar, as fases da lúa, o  movemento de rotación da Terra, ....

Rumbo ao espazo - foto montaje



martes, 2 de abril de 2013

DIA MUNDIAL DO AUTISMO


Etimolóxicamente AUTISMO ten a súa orixe  no grego. A raíz é  <autos>  que significa <un mismo>,  <propio>. Polo tanto o significado da palabra autismo sería meterse nun mismo,ensimismarse.
AUTISMO é a manifestación da alteración nas capacidades de Relación Social, comunicación e linguaxe e simbolización.

Clica se queres ampliar os coñecementos sobre autismo.