lunes, 29 de abril de 2013

AMBIENTACIÓN PRIMAVERAL NO TERRA DE FERROL

Así de florido está o corredor da primeira planta, pois temos un gran mural que vai dende a porta da aula da profe Ana Martínez ata a da nosa aula. Os lindes do mural son precisamente as portas, como podedes observar a nosa ten unha fermosa árbore cun montón de paxaros, un niño con ovos, bolboretas, flores,... 
 As primeiras mostras da primavera nótaronse nos exteriores do noso centro como podemos observar.
PRIMAVERA NOS XARDÍNS 




Estes xardíns están tan fermosos gracias ao coidado do adxunto de xardinería, Luis. Baixo a súa dirección fan as prácticas o alumnado do PCPI  e de paso colaboran no mantemento das distintas especies de árbores. 

PRIMAVERA NA ENTRADA DO COLE.


 

Ao entrar no edificio, outra bocanada de primavera nos invade. As profes Patricia e Lucía coa colaboración de Isabel Castro crearon este colorido xardín artificial.

PRIMAVERA NA NOSA AULA.




Aquí temos a nosa aula na que se respira  o mesmo aire primaveral que temos no resto do centro.

PRIMAVERA NO NOSO CORREDOR.

Un collage cos distintos motivos primaverais.

Ruth, Erika e Joni saltanto á comba.

Daniel xogando ao fútbol que é o seu deporte favorito.

Carlos gozando dun día de campo.

Javier voando o seu papaventos .

Leticia e Lucía arrandeándose.

2 comentarios:

  1. Xa vexo que no teu cole todo é primavera! Aquí nas Pontes houbo un retroceso. Eu nestes momentos miro pola ventana e non vexas, terei que poñer chubasqueiro e bufanda! Je, Je
    Douvos a noraboa porque tedes todo precioooso!
    Anima a entrar. Como traballades! Biquiños a tod@s.

    ResponderEliminar
  2. Todo precioso: o corridor, a entrada, os xardíns e por suposto a túa clase. Da gusto entrar nela. Unha aperta.

    ResponderEliminar