Esta compañía está formada por: Daniel Latorre (Músico e lutier), Carlos Pérez Aradros (profesor de maxisterio e traballa como Amaya Mangano (profesora de música que traballa recuperando romances e cantigas o camiño de Santiago) e Carles García Domingo (narrador de contos tradicionais)
A obra: tres cómicos ambulantes instalan o seu teatriño nunha cidade do Camiño de Santiago e sacan os seus instrumentos, marionetas, os seus bártulos e enseres. Entón comezan a súa actuación improvisada contando as súas aventuras ao longo do camiño e os contos e canción que foron recollendo na súa andadura.
O narrador ao longo da obra intenta reflexar o que eran as compañías de cómicos que durante séculos percorreron o Camiño de Santiago aproveitando a atracción de visitantes e a actividade económica que conleva. En todas as festas locais, nas feiras ou mercados celebrábanse ceremonias relixiosas pero tamén populares. Representábanse obras de teatro, narración de romances, títeres e música para bailar e divertir. Estas compañías ambulantes adaptábanse ao que o público reclamaba en cada caso. O repertorio compoñíase de narracións e cancións nos diferentes idiomas dos lugares que o camiño atravesaba, galego castelán, asturiano, francés,...

Este espectáculo ten unha parte lúdica e outra didáctica, na que se explican e traducen as diferentes pezas que o integran.
Utilizan varios instrumentos: gaita riojana, chicoten ou tambor de cordas, rabel, zanfoña, vihuela, pandeiro cuadrado e redondo, pandeireta, culleres, frauta e percusións diversas.
Cando rematou a obra despedíronnos con música.
Logo tivemos un momento de esparcimento no parque esperando no autobús para retornar ao colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario