Fixemos este mural comparativo dunha Terra Contaminada e dunha Terra San. Reflexionamos sobre as accións que contaminan máis ou menos e fomos poñendo os debuxos alusivos nunha das columnas segundo correspondía.
Lemos "La Tierra está embrujada". Un fermoso conto que nos fai pensar sobre o comportamento para co Planeta Terra e tamén nos dá apuntes de como debe ser o noso comportamento para non contaminala e así conseguir unha Terra SAN.
Estes son os nosos tarxetóns-boneco. A cabeza é a Terra, feita con filtros de melita pintados con rotulador verde e azul (continentes e océanos). Unha vez que secou pulverizámola con auga co conseguimos un efecto difuminado da pintura. Dentro cumplimentamos un breve contrato, un compromiso individual con pequenos xestos que podemos ter podemos ter para co noso Planeta.
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO(23 DE ABRIL)
Empezamos a mañá lendo o poema de Gloria Fuertes "Don libro está helado"
Este poema conforma o reverso do marcapáxinas e no frontal temos una imaxe de Gloria Fuertes cun libro nas mans e a data conmemorativa. (Montaxe realizado pola profe Ana Martínez). Así nos quedaron os nosos marcapáxinas.
Despois do recreo fomos á Biblioteca e asistimos á estrea dunha obra de teatro "A tartaruga que quería durmir" As Profes Lucía e Patricia foron as encargadas de facer os decorados, o vestiario, os arranxos e a preparación da devandita obra.
Aquí están as directoras e realizadoras da obra cos protagonistas: A tartaruga (Ruth), a cotovía (Pablo), o león (Jonathan), a araña (Alfonso). Este protagonista non aparece na fotografía.
Fixemos unhas actividades chulísimas, verdade? E a obra estivo realmente xenial. Unha aperta.
ResponderEliminar