Ao longo destes días estivemos adornando os corredores e as clases con motivos navideños.
Queredes velo?
Este venres pasado,día 17, celebramos no colexio o festival de nadal. Unha das actuacións foi a representación da obra de teatro "Salvar o nadal" escrita e narrada por Daniel Méndez. Nela actuaron: Jaime (elfo), Rubén (Papá Noel), Elena(Estrela), Alex(árbore de nadal), Carlos(Oso polar), Douglas(Boneco de neve), Cristhian (neno abandoado), Manu(Reno) e Javi(Esteban, o protagonista). Aquí vos deixamos a obra para que vexades o bonita que era.
SALVAR O NADAL
Tamén actuou José Pena facendo un playback de Dioni Martín.
martes, 21 de diciembre de 2010
martes, 23 de noviembre de 2010
CONTOS DE MEDO
Aínda que con bastante retraso aquí van os contos de medo que fixemos con motivo do Samaín. Esperamos que vos gusten.
viernes, 12 de noviembre de 2010
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Hoxe celebramos o magosto. Antes do recreo reunimonos todo o alumnado na sala de xuntas. Alí visionamos dous videos dos rapaces das nosas clases. Un deles "A castaña que quería saber de onde procedía" foi escrito e ilustrado por DANIEL MÉNDEZ, e gravado por el e polos seus compañeiros de ciclo.
Entre video e video o grupo de alumnos e alumnas que conforman o grupo musical cantaron a canción popular do magosto "Non chas quero, non chas quero"
Logo, por fin, fomos para o comedor onde nos esperaban unhas riquisimas castañas asadas e cocidas. Para que nolas serviran levabamos todos unhas cestas que estivemos a decorar estes días pasados nas clases. Tamén decoramos espigas de millo e fixemos unha pequena exposición na entrada e outra nos corredores da primeira planta.
viernes, 5 de noviembre de 2010
DECORAMOS CRISTAL
Este é o resultado dun traballo que estivemos a facer na clase de plástica nestas semanas pasadas.
Decoramos cristal cun motivo recortado dunha servilleta.
Neste caso, en concreto, reciclamos platos en desuso do comedor do centro. Nas imaxes podemos ver todos os pasos que hai que seguir e como queda ao remate.
sábado, 30 de octubre de 2010
ESTES SOMOS NÓS
Chámome José . Teño 21 anos. A miña música preferida é a de Camela.Tamén me gusta a informática e teño un ordenador.
Sinto un gran aprecio polo Xefe de Estudos do meu colexio.
Eu son Daniel. Teño 19 anos. Teño dúas grandes afeccións unha que é traballar a madeira. Tamén me gusta moito debuxar e pintar oleos con acuarelas. Faigo os marcos para os cadros que pinto.
Chámome Iván. Teño 11 anos. Son de A Coruña.
Son afeccionado ao buceo e tamén me gustan as motos.
Teño unha moto de cross na que ando os fins de semana.
viernes, 29 de octubre de 2010
SAÚDO
Ola! Son Digna, mestra de Pedagoxía Terapéutica no Terra de Ferrol. Coa axuda da miña compañeira de ciclo, Ana, creamos este espazo, co obxectivo de facer partícipes aos pais do noso traballo na aula. Espero os vosos comentarios e a vosa colaboración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)