domingo, 23 de diciembre de 2012

FESTIVAL NADAL 2012

 


O mércores, 19 de decembro, celebramos o FESTIVAL DE NADAL
Foi todo un éxito, todo saíu moi ben. Os nenos e as nenas pasaron un día feliz pois viñeron bastantes familiares pola tarde a ver o evento.
Pola mañá estivemos moi atarefados pois houbo que poñer  todo a punto para pola tarde. Logo, celebramos unha comida de confraternidade, quedamos a comer a maioría do profesorado.



A partires das 4 da tarde empezou o festival:
1º A obra de teatro "O nadal vístese de vermello" no que actuaron practicamente todo o alumnado do colexio. Foi fermosisima!!!



2º. O grupo de Yanko cantounos unhas cancións e unha panxoliña.

3º. A panxoliña "As vogais van a Belén", das clases de Melu, Ana e a nosa.



4º. As profes Ana Sofía e Rosa prepararon a panxoliña "Mi burrito Sabanero" cun grupo de nenos e nenas e acompañárona cunha coreografía.


5º. As monitoras de actividades extraescolares e o alumnado asistente as devanditas actividades presentaron un baile. 
6º. Para rematar a celebración e desexar unhas felices festas a todos, subimos ao escenario todos(profesorado e alumnado) para cantar(e acompañar con lingua de signos) a "Panxoliña de todo o ano" de Mamá Cabra.


FELIZ   2013 !!!!!!!!!


viernes, 21 de diciembre de 2012

HOXE EMPEZA O INVERNO



Hoxe ás 12 horas e 12 minutos comezou o inverno. Quédannos 88 días e 23 horas ata chegar ao 20 de marzo de 2013, data na que comezará a primavera. Para saber máis...preme  INVERNO

viernes, 14 de diciembre de 2012

TRABALLOS PRENAVIDEÑOS

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Esta é a exposición das postais de todo o alumnado do colexio. O principal obxectivo deste concurso é elixir a postal que se vai utilizar para felicitar a toda a comunidade educativa.
Ademais elíxese unha de cada clase e teñen un premio.
Javier Trinidad coa súa postal, que resultou premiada.

Daniel Torres 

ENTREGA DE PREMIOS: CONCURSO DE POSTAIS

Aquí vemos o alumnado premiado cos seus mestres.

POSTAIS PARA FELICITAR ÁS SÚAS FAMILIAS


Como podemos ver na imaxe tamén fixemos un caderniño de pasatempos de nadal.


OS NOSOS BONECOS DE REGALO


Para poñer nas nosas mesiñas e observar como cae a neve.

MOTIVOS NAVIDEÑOS QUE ENGALANAN O COLE.


jueves, 13 de diciembre de 2012

VISITA Á CIDADE DA CULTURA


Un grupo nutrido de alumnado e profesorado do CEE Terra de Ferrol fomos visitar a Cidade da Cultura e en concreto fomos ao Museo (o edificio máis espectacular do Gaiás). Fomos visitar a exposición "Gallaecia Petrea". Esta exposición é unha homenaxe á arte e á cultura galega a través da pedra ao longo da súa Historia: dos petroglifos á arte contemporánea.
Gallaecia Petrea pon en valor o rico patrimonio histórico e artístico presente no territorio a través dun total de 341 obras cedidas por 91 institucións culturais, concellos e coleccións particulares de Galicia, España e Portugal.


No exterior do Museo. Podemos comprobar polas imaxes as inclemencias do tempo.


No interior do Museo. Foi unha visita intensa, estivemos preto de dúas horas visitando a exposición.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITADO DE CELSO EMILIO





Deitado frente ao mar


Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sal de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
a ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
Berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
Deitada rente ao mar, ise camiño…




RECITANDO CELSO EMILIO

 

Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia , entre os cales está o noso, participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia" ( Extraído de Praza Pública ). 
 No noso centro, as 12 en punto, todos os rapaces e profes do cole, veremos e escoitaremos o audiovisual que montamos coas nosas voces e imaxes alusivas ao mesmo que atopamos en internet. A finais do día, incluiremos fotos do evento nesta entrada. 
Para coñecer máis a súa vida, vos deixo esta presentación feita por Elvira Roiz Mesías do Instituto Concepción Arenal de Ferrol: CEF1

lunes, 3 de diciembre de 2012

DIA DA DISCAPACIDADE

Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad


Para saber máis clica    CERMI

Hoxe , 3 de decembro, conmemórase o Día da Discapacidade.

FELIZ DÍA!!!!