Onte, xoves , saímos a facer unha plantación no noso SOUTO particular. Que luxo!!! A verdade é que non valoramos o que temos, é todo un privilexio ter estes alrededores tan poboados de frondosas e preciosas árbores. Para que isto non decaia hai que coidalo e ir repoboando. Con motivo da conmemoración Día da Terra (con lixeiro retraso debido as inclemencias meteorolóxica) realizamos a plantación de 4 árbores.
No noso centro temos un PCPI e un taller de xardinería e polo tanto levabamos moitos profesionais, expertos e aprendices da materia que aproveitaron para facer prácticas.
No noso centro temos un PCPI e un taller de xardinería e polo tanto levabamos moitos profesionais, expertos e aprendices da materia que aproveitaron para facer prácticas.
A primeira árbore plantámola na zona da entrada principal e foi un GINKGO BILOBA.
Este é o noso recén plantado e...este será cando pasen uns anos.
Ademais esta árbore milenaria (procedente de China) ten propiedades curativas, o extracto das súas follas é moi utilizado en Xapón para aumentar a destreza mental e agudizar a memoria.
Logo fomos cara o souto e alí, o primeiro que plantamos foi un ALERCE EUROPEO.
Desta árbore obtemos unha resina chamada trementina e tamén a súa madeira. No aspecto curativo utilizouse para facer ungüentos, emplastos e outros produtos farmacéuticos.
A 3ª que plantamos foi unha NOGUEIRA, árbora da que se utiliza todo. A madeira para a construciión de mobles, o zume da raíz é diurético e laxante, as follas reforzan os músculos e a estructura ósea. Os seus froitos, as noces, son os froitos secos máis nutritivo.
Por último plantamos un CASTIÑEIRO. Desta especie xa temos bastantes no colexio e cando chega a época das castañas é unha verdadeira festa pois @s nen@s encántalles apañalas.
Este é un castiñeiro bebé e este exemplar do noso souto é adulto.
Se queredes ver máis fotos onde están a maioría do alumnado do centro poñendo o seu "grauíño de terra" aquí temos unha selección. As últimas imaxes son de árbores que temos no noso patio de recreo.
PLANTACION DÍA DA TERRA on PhotoPeach



