lunes, 9 de septiembre de 2013

ADEUS NON!!!, ATA PRONTO!!!

Este é o grupo de alumnos cos que comecei o curso. O que non sabía ao comezo é que serían os últimos que ía ter co Cee Terra de Ferrol, pois un cambio de destino fai, que o curso 2013/2014 xa non forme parte del. 
A verdade é que pecho unha etapa da miña vida profesional para comezar outra noutro centro e sinto que teño "o corazón partido". Por un lado sinto unha grande pena polo que deixo, un grupo de compañeiros magníficos cos que compartín todo tipo de situacións, un grupo de alumnado que polas súas características enganchan e fanse querer e todo o conxunto de profesionais que fixeron que esta etapa fose máis levadeira e enriquecedora (adxuntos de taller,coidadores,conserxes, fisioterapeutas, equipo médico, traballadores socias, persoal da limpeza, psicóloga, persoal de mantemento, educadoras, servizo de administración).
Pero por outro lado teño alegría polo novo destino pois é nun centro do meu pobo co que iso conleva. 

 Botareivos de menos, pois xa formades parte do meu currículo emocional.

GRAZAS A TODAS E A TODOS!!!!

Pd: Non vos preocupedes que esta fiestra cara ao mundo non queda pechada pois unha compañeira e amiga, "Estrela" , vai seguir co blogue.



1 comentario:

  1. Comprendo perfectamente estas emocións que estás a sentir pero así é a vida aceptar algo supón tamén algunha renuncia. Seguro que che vai ir de marabilla no novo centro. Espero verte por aquí.
    Moitos bicos.

    ResponderEliminar