jueves, 14 de febrero de 2013

14 DE FEBREIRO:DÍA DA AMIZADE E DO AMOR


Este é o noso desexo dende o...

C.E.E. TERRA DE FERROL


Feliz Día da Amizade e do Amor!!!

Os amigos son coma o sol , non teñen que estar todos os días para saber que existen.

Os amigos son flores que rego á medida das necesidades.

Amigo ...

Amigo é o horizonte máis sereo ao mencer.
É o sol que se pon brillante, ao anoitecer.
É tenrura entusiasmo e renacer cada día,
ser fiel a quen se quere na amizade que principia!
É acougo, descanso, é porto seguro, sempre futuro
é guarida, a sinceridade que a alma sustenta
..........................................................................
Alguén que sempre abre a porta
Cando? A calquer hora! Non importa!
Amigo é o mellor camiño para ir e voltar,
para sorreír e saborear en todos os momentos
no silencio, na alegría,...
...............................................................................

Aquí temos os nosos traballiños para celebrar a AMIZADE.








lunes, 4 de febrero de 2013

30 DE XANEIRO:DÍA DA PAZ



Hoxe celebramos o "Dia da Paz e non Violencia"  no CEE Terra de Ferrol.
 As 11:30h. reunímonos no salón de actos todas as clases para conmemorar unha data tan sinalada e importante, e moito máis no mundo actual tan plagado de conflictos e guerras.

Iniciamos o acto coa lectura de poemas a cargo do alumnado do PCPI.
A continuación visionamos a presentación e o video,  "A Avestruz Troglodita", que elaborou a profe Ana Martínez.




Logo o video "O Abecedario da PAZ" no que os protagonistas son todos os rapaces e as rapazas do colexio. Quedou fermosisimo!!  Ademais encántalles verse porque son os "PROTAGONISTAS". Parabéns a Ana e tamén a Patricia por este traballo tan ben feito!!!


Por último, no salón de actos fixemos un corro e ao son da canción "Que viva a paz e o amor" lanzamos os avións-pombas da PAZ nos que había escritos desexos de paz.
Xa para rematar este DÍA tan especial ...   no comedor...

 GRAN CHOCOLATADA CON CHURROS!!!

domingo, 3 de febrero de 2013

TRABALLOS PREVIOS PARA CELEBRAR A PAZ


Este fermoso poema sobre a PAZ de Gloria Fuertes ilustra a parede do corredor da 1ª planta onde temos as aulas as profes Ana  e Digna. Creámolo entre o alumnado das dúas clases. As mans que están plasmadas dentro do corazón son as dos nosos nenos e nenas.

TRABALLOS PARA O DÍA DA PAZ:



Este é o debuxo da Pomba da Paz que coloreamos, recortamos e montamos cun pau de madeira metido nunha palliña , para que así poidamos deslizar e mover as ás da pomba. Así nos quedou:



Tamén coloreamos e doblamos, para dar forma de avións, a outros debuxos do símbolo da paz. Así nos quedaron: