viernes, 29 de abril de 2011

SAÍDA DIDÁCTICA: EXPOSICIÓN DE PICASSO


Mércores, 27 de marzo, fixemos unha saída didáctica á Sede da Fundación Caixa Galicia a ver unha exposición de Picasso "Suite Vollard", colección de 100 gravados realizados por Picasso entre 1930 e 1936 encargados polo Marchante francés Ambroise Vollard.
Trátase dunha colección de estampas realizadas coas técnicas de augaforte, augatinta, augada, punta seca, buril ou rascador. Estas combinacións fan da serie unha escolma de gran riqueza, onde acusa a influencia da arte helénica. Son gravados especialmente destacables pola acertada mestura entre técnica e temática, achegando unha profunda cohesión dentro da súa variedade.
Cen gravados que destacan a xenialidade do artista que concilia á perfección a euforia e a melancolía nunha especie de Grecia de outrora, imaxinada por el.



 

martes, 26 de abril de 2011

14ª EDICIÓN DE VOZ NATURA


O CEE TERRA DE FERROL é un dos 272 centros que participa en Voz Natura, o día 4 de xuño acudirá,como en anos anteriores, á gran festa de fin de curso que se celebrará no parque Deportivo Acea de Ama en Culleredo. Alí pasaremos todo o día: participando na exposición de traballos, xogos, talleres,....
A nosa  colaboración foi a elaboración de murais. O da nosa clase é sobre os cambios de estado da auga. Aquí volo deixo para que o podades ver.

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO LIBRO



O Día Internacional do Libro é unha conmemoración a nivel internacional,  o obxectivo é fomentar a lectura. A elección do 23 de abril como día do libro procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
Se queredes saber máis sobre esta conmemoración podeder entrar no seguinte enlace:




A continuación transcribo un fermoso poema de Pablo Neruda que me tomei a liberdade de traducir ao galego.

QUEDA PROHIBIDO

Queda prohibido chorar sen aprender,
levantarte un día sen saber que facer,
ter medo aos teus recordos,.....
Queda prohibido non sorrir aos problemas,
non loitar polo que queres,
abandonar todo por medo,
non convertir en realidade os teus sonos,...
Queda prohibido non intentar comprender ás persoas,
pensar que as súas vidas valen menos que a túa,
non saber que cada un ten o seu camiño e a súa dita,...
Queda prohibido non crear a túa historia,
non ter un intre para a xente que te necesita,
non compreder que o que a vida che dá,
tamén cho quita,...
Queda prohibido non buscar a túa felicidade,
non vivir a túa vida cunha actitude positiva,
non pensar en que podemos ser mellores,
non sentir que sen ti este mundo non sería igual.

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!

viernes, 1 de abril de 2011

1 DE ABRIL: DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO


Hoxe, 1 de abril celébrase o Día da Diversión no Traballo, o lema escollido este ano é "O humor, un paraugas ante a adversidade" Como estamos de acordo en que é mellor rir que chorar, unímonos á proposta da consultora: realizar sesións de papiroflexia, concursos de avións de papel nos corredores do colexio, competicións de garavatas e zapatos horteras, xogar ao monopoly,... Se se che ocorre algunha idea máis podes contala na seguinte web:

 http://www.humorpositivo.com/