Mostrando entradas con la etiqueta VIDEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIDEO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2013

TRABALLOS DO DÍA DA TERRA E DO LIBRO


Fixemos este mural comparativo dunha Terra Contaminada e dunha Terra San. Reflexionamos sobre as accións que contaminan máis ou menos e fomos poñendo os debuxos alusivos nunha das columnas segundo correspondía.


Lemos  "La Tierra está embrujada". Un fermoso conto que nos fai pensar sobre o  comportamento para co Planeta Terra e tamén nos dá apuntes de como debe ser o noso comportamento para non contaminala e así conseguir unha Terra SAN.




Estes son os nosos tarxetóns-boneco. A cabeza é a Terra, feita con filtros de melita pintados con rotulador verde e azul (continentes e océanos). Unha vez que secou  pulverizámola con auga co conseguimos un efecto difuminado da pintura. Dentro cumplimentamos un breve contrato, un compromiso individual con pequenos xestos que podemos ter podemos ter para co noso Planeta.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO(23 DE ABRIL)



Empezamos a mañá lendo o poema de Gloria Fuertes "Don libro está helado"
Este poema conforma o reverso do marcapáxinas e no frontal temos una imaxe de Gloria Fuertes cun libro nas mans e a data conmemorativa. (Montaxe realizado pola profe Ana Martínez). Así nos quedaron os nosos marcapáxinas.


Despois do recreo fomos á Biblioteca e asistimos á estrea dunha obra de teatro "A tartaruga que quería durmir"  As Profes Lucía e Patricia foron as encargadas de facer os decorados, o vestiario, os arranxos e a preparación da devandita obra.


Aquí están as directoras e realizadoras da obra cos protagonistas: A tartaruga (Ruth), a cotovía (Pablo), o león (Jonathan), a araña (Alfonso). Este protagonista non aparece na fotografía.

domingo, 23 de diciembre de 2012

FESTIVAL NADAL 2012

 


O mércores, 19 de decembro, celebramos o FESTIVAL DE NADAL
Foi todo un éxito, todo saíu moi ben. Os nenos e as nenas pasaron un día feliz pois viñeron bastantes familiares pola tarde a ver o evento.
Pola mañá estivemos moi atarefados pois houbo que poñer  todo a punto para pola tarde. Logo, celebramos unha comida de confraternidade, quedamos a comer a maioría do profesorado.



A partires das 4 da tarde empezou o festival:
1º A obra de teatro "O nadal vístese de vermello" no que actuaron practicamente todo o alumnado do colexio. Foi fermosisima!!!



2º. O grupo de Yanko cantounos unhas cancións e unha panxoliña.

3º. A panxoliña "As vogais van a Belén", das clases de Melu, Ana e a nosa.



4º. As profes Ana Sofía e Rosa prepararon a panxoliña "Mi burrito Sabanero" cun grupo de nenos e nenas e acompañárona cunha coreografía.


5º. As monitoras de actividades extraescolares e o alumnado asistente as devanditas actividades presentaron un baile. 
6º. Para rematar a celebración e desexar unhas felices festas a todos, subimos ao escenario todos(profesorado e alumnado) para cantar(e acompañar con lingua de signos) a "Panxoliña de todo o ano" de Mamá Cabra.


FELIZ   2013 !!!!!!!!!


miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITANDO CELSO EMILIO

 

Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia , entre os cales está o noso, participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia" ( Extraído de Praza Pública ). 
 No noso centro, as 12 en punto, todos os rapaces e profes do cole, veremos e escoitaremos o audiovisual que montamos coas nosas voces e imaxes alusivas ao mesmo que atopamos en internet. A finais do día, incluiremos fotos do evento nesta entrada. 
Para coñecer máis a súa vida, vos deixo esta presentación feita por Elvira Roiz Mesías do Instituto Concepción Arenal de Ferrol: CEF1

martes, 20 de marzo de 2012

RECICLADO DE PAPEL


Co reciclado do papel puxemos punto final ao proxecto "Os nosos bosques".
A profe Ana Martínez elaborou un video con todo luxo de detalles para poder facer papel reciclado.
É un proceso un pouco laborioso pero vale a pena levalo a cabo pois podedes observar o resultado. Animádevos!!!


GRAZAS, ANA, POR TODO O TEU TRABALLO!! 

Como colofón ,fomos á sala de xuntas a ver a película "O Bosque animado" e de verdade que o pasamos ben e ademais hai que destacar o bo comportamento de tod@s.