lunes, 28 de marzo de 2011

CONCURSO DE POESÍA E IMAXE


Estas son as nosas ilustracións para as poesías que nos  propuxeron dende os Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol para o concurso "Poesía e imaxe".




domingo, 27 de marzo de 2011

27 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DO TEATRO


O Día Internacional do Teatro foi instituído pola ONU no 1961 e celébrase cada 27 de marzo dende 1962. Cada ano a ONU elixe un personaxe para que emita unha mensaxe relacionada co quefacer teatral. Este ano é a Dra. en Artes Escénicas, Jessica A. Kaahwa, de Uganda, a encargada da mensaxe, na que valora ao teatro (e ás artes) como ferramenta máis productiva e eficaz que os armamentos para a  guerra, que a mesma ONU envía para "pacificar" ao Mundo.

lunes, 21 de marzo de 2011

DIA DA POESÍA



Hoxe iniciamos a primavera. Ademais nesta data temos dúas conmemoracións relacionadas co ámbito educativo como son "O día internacional da poesía" e "O día internacional da árbore".
Nós fixemos un pequeno traballo relacionado coa poesía, aquí deixamos a mostra para que vós poidades xulgar como nos quedou.


martes, 15 de marzo de 2011

15 DE MARZO: DIA DO CONSUMIDOR RESPONSABLE


 

7 CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE
  1. Antes de comprar algo, reflexiona se realmente o necesitas ou se o fas guiado pola publicidade.
  2. Se decides comprar algo averigua de que materia prima está feito, se o seu proceso de manufacturación impacta no medio ambente ou se produce algún dano ou inxustiza social.
  3. Cada vez que merques algo debes pensar nos residuos e no lixo que xera.
  4. Evita os productos de "usar e tirar" se non son estrictamente necesarios.
  5. Rechaza as bolsas de plástico que che dan nos supermercados e tendas e leva as túas propias bolsas de tea, papel ou cartón.
  6. Recicla antes de comprar, moitas das cousas que están para tirar poden volver a utilizarse doutras maneiras e formas, usa a túa imaxinación
  7. Elixe productos con envase reutilizables e retornables.

viernes, 11 de marzo de 2011

UNHA VIAXE PARA TOD@S


27 CONCURSO ONCE
A nosa clase participou no 27 concurso ONCE  na categoría E o que implica que unicamente participaremos na fase final do concurso e que seremos avaliados polo xurado de ámbito estatal que outorgará unha mención especial ao traballo que destaque pola súa creatividade e a súa mensaxe.
O título do traballo é " Unha viaxe para tod@s " e consiste en realizar un cartel no que os alumnos do grupo teñen que se imaxinar nun lugar de destino co resto de persoas que viaxaron ata alí e debuxalo como se fose a mellor fotografía da súa viaxe.Podíase facer con calquera técnica , nós optamos por facelo mediante un debuxo.
O  destino foi HOLLYWOOD. Na fotografía plásmase a visión do noso destino dende o aire no avión que nos leva.

viernes, 4 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011




Xoves, 3 de marzo, celebramos o entroido no noso centro. A partires das 10:30 h. empezamos a celebración cun desfile de comparsas. Logo fomos subindo ao esceario dunha nunha e ao final bailamos todos xuntos.
Sacamos fotos de cada unha das comparsar e do grupo completo. Aquí vos deixo a mostra do ben que o pasamos e do colorido que foi o noso entroido.



martes, 1 de marzo de 2011

CHARLA E ACTIVIDADES SOBRE "SEDENTARISMO"


O alumnado, dun Ciclo Superior de Dietética e Nutrición, do IES  de Leixa veunos a falar do "Sedentarismo"  e, do que nos propoñían para combatilo. Estivo moi ameno, primeiro vimos unha presentación en Power Point e logo propuxéronnos uns exercicios sinxelos para que todos poideramos facer, para rematar e co ritmo do Waka Waka bailamos todos. Pasámolo moi ben.!!!