domingo, 23 de diciembre de 2012

FESTIVAL NADAL 2012

 


O mércores, 19 de decembro, celebramos o FESTIVAL DE NADAL
Foi todo un éxito, todo saíu moi ben. Os nenos e as nenas pasaron un día feliz pois viñeron bastantes familiares pola tarde a ver o evento.
Pola mañá estivemos moi atarefados pois houbo que poñer  todo a punto para pola tarde. Logo, celebramos unha comida de confraternidade, quedamos a comer a maioría do profesorado.



A partires das 4 da tarde empezou o festival:
1º A obra de teatro "O nadal vístese de vermello" no que actuaron practicamente todo o alumnado do colexio. Foi fermosisima!!!



2º. O grupo de Yanko cantounos unhas cancións e unha panxoliña.

3º. A panxoliña "As vogais van a Belén", das clases de Melu, Ana e a nosa.



4º. As profes Ana Sofía e Rosa prepararon a panxoliña "Mi burrito Sabanero" cun grupo de nenos e nenas e acompañárona cunha coreografía.


5º. As monitoras de actividades extraescolares e o alumnado asistente as devanditas actividades presentaron un baile. 
6º. Para rematar a celebración e desexar unhas felices festas a todos, subimos ao escenario todos(profesorado e alumnado) para cantar(e acompañar con lingua de signos) a "Panxoliña de todo o ano" de Mamá Cabra.


FELIZ   2013 !!!!!!!!!


viernes, 21 de diciembre de 2012

HOXE EMPEZA O INVERNO



Hoxe ás 12 horas e 12 minutos comezou o inverno. Quédannos 88 días e 23 horas ata chegar ao 20 de marzo de 2013, data na que comezará a primavera. Para saber máis...preme  INVERNO

viernes, 14 de diciembre de 2012

TRABALLOS PRENAVIDEÑOS

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Esta é a exposición das postais de todo o alumnado do colexio. O principal obxectivo deste concurso é elixir a postal que se vai utilizar para felicitar a toda a comunidade educativa.
Ademais elíxese unha de cada clase e teñen un premio.
Javier Trinidad coa súa postal, que resultou premiada.

Daniel Torres 

ENTREGA DE PREMIOS: CONCURSO DE POSTAIS

Aquí vemos o alumnado premiado cos seus mestres.

POSTAIS PARA FELICITAR ÁS SÚAS FAMILIAS


Como podemos ver na imaxe tamén fixemos un caderniño de pasatempos de nadal.


OS NOSOS BONECOS DE REGALO


Para poñer nas nosas mesiñas e observar como cae a neve.

MOTIVOS NAVIDEÑOS QUE ENGALANAN O COLE.


jueves, 13 de diciembre de 2012

VISITA Á CIDADE DA CULTURA


Un grupo nutrido de alumnado e profesorado do CEE Terra de Ferrol fomos visitar a Cidade da Cultura e en concreto fomos ao Museo (o edificio máis espectacular do Gaiás). Fomos visitar a exposición "Gallaecia Petrea". Esta exposición é unha homenaxe á arte e á cultura galega a través da pedra ao longo da súa Historia: dos petroglifos á arte contemporánea.
Gallaecia Petrea pon en valor o rico patrimonio histórico e artístico presente no territorio a través dun total de 341 obras cedidas por 91 institucións culturais, concellos e coleccións particulares de Galicia, España e Portugal.


No exterior do Museo. Podemos comprobar polas imaxes as inclemencias do tempo.


No interior do Museo. Foi unha visita intensa, estivemos preto de dúas horas visitando a exposición.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

RECITADO DE CELSO EMILIO





Deitado frente ao mar


Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sal de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
a ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
Berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
Deitada rente ao mar, ise camiño…




RECITANDO CELSO EMILIO

 

Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia , entre os cales está o noso, participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia" ( Extraído de Praza Pública ). 
 No noso centro, as 12 en punto, todos os rapaces e profes do cole, veremos e escoitaremos o audiovisual que montamos coas nosas voces e imaxes alusivas ao mesmo que atopamos en internet. A finais do día, incluiremos fotos do evento nesta entrada. 
Para coñecer máis a súa vida, vos deixo esta presentación feita por Elvira Roiz Mesías do Instituto Concepción Arenal de Ferrol: CEF1

lunes, 3 de diciembre de 2012

DIA DA DISCAPACIDADE

Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad


Para saber máis clica    CERMI

Hoxe , 3 de decembro, conmemórase o Día da Discapacidade.

FELIZ DÍA!!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

DÍA DOS DEREITOS DO NENO



Onte, 20 de novembro, foi a conmemoración do "Día dos dereitos do NENO" . Na nosa clase falamos dos devanditos dereitos ao mesmo tempo que traballábamos o conto de Paco pica, el niño ajo.




Así comeza a historia de "Paco Pica, el niño ajo"...




Logo de facer esta actividade, fomos a aula de informática para traballar o libro LIM que a profe Ana Martínez creou para traballar o poema de Gloria Fuertes.
Resultou unha actividade do máis motivadora , positiva e enriquecedora. 
Grazas Ana polo teu traballo.

viernes, 16 de noviembre de 2012

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


Estas son as  cestas para as castañas que fixemos con moito agararimo nas nosas clases.




O xoves, 15 de novembro, celebramos o "MAGOSTO"  no noso colexio. Reunímonos no salón de actos para ver o conto "A castaña Catarina" un fermoso conto colaborativo, pois participamos todas as aulas do colexio. Cada unha das clases ilustrou un parágrafo do conto que logo plastificamos e encadernamos formando un fermoso libro. Por outra banda, a profe Patricia creo un power point co texto e os debuxos do conto da castaña Catarina. 

A CASTAÑA CATARINA on PhotoPeach
Despois do visionado do conto, bailamos a canción do magosto de "13 lúas", formamos un gran corro 
entre o alumnado e os mestres.


Para rematar esta celebración fomos a degustar as castañas ao centro de día onde estaban as mesas todas engalanadas para a ocasión. Había castañas asadas e cocidas. Estaban riquísimas!!!







martes, 13 de noviembre de 2012

PLAN DE FORMACIÓN DO TERRA DE FERROL

APROXIMACIÓN ÁS AULAS DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL (BIS)

  Construimos rutinas para a anticipación, a expectativa e a elaboración da experiencia sensorial.
   Defensas e recursos de protección: a segunda pel : refuxios , escondites, envoltorios, parapetos e niños.





Buscar os efectos que pode producir un obxecto non convencional (botella grande con auga e cores ensuspensión tirada por unha corda):    polas canles sensoriais,   polas súas características físicas: forma, peso, movemento,  polas características de desplazamento e ocupación do espacio,    polas suas posibilidades relacionais na proximidade e na distancia.


Para rematar, un video e comentario sobre unha sesión individual con un  neno con grave discapacidade motriz: os espacios- niño, os formatos de xogo e participación, a regulación actividade-descanso, estimulación motriz  da vivencia do ritmo, do balanceo e do desplazamento, a exploración dos obxectos,  as operacións relacionais cos obxectos, a estimulación plantar e a estimulación de segmentos corporais e formas de apoio para  a vivencia do esquema corporal.
Finalizamos cun breve repaso de  programas e rexistros de estimulación multisensorial e dos recursos web, cun repaso teórico das nocións practicadas nas sesións previas, aspectos a ter en conta para a elaboración das sesións de estimulación e presentación curta dos materiais fotocopiados que se facilitaron para esta actividade.

A VALORACIÓN, de todos os asistentes, FOI MOI POSITIVA

Moitas GRAZAS Xoana por compartir con nós a túa experiencia e os teus coñecementos.





lunes, 5 de noviembre de 2012

PLAN DE FORMACIÓN DO TERRA DE FERROL

APROXIMACIÓN ÁS AULAS DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL
 
 
 
 
Hoxe, luns, 5 de novembro iniciamos a andaina polo noso flamante Plan de Formación. Estrenámonos cun curso moi interactivo e multisensorial, a nosa relatora é "Xoana Balado", pedagoga moi experimentada neste campo. Esto que vemos na fotografía foi a última actividade da 1ª sesión. Preparounos un circuíto sorpresa que había que percorrer por parellas, un membro da parella iba cos ollo tapados e descalzo e o outro actuaba de lazarillo. Logo permutábanse os papeis e volvíamos a facer o circuíto. Para rematar, posta en común para expresar as sensacións vividas.
Estivo moi interesante, o principal obxectivo é que nós poidamos percibir as distintas sensacións para que llelo poidamos transmitir ao noso alumnado.
Quedan outras dúas sesións, o 7 e o 12 deste mes. De seguro que serán tan gratificantes coma a de hoxe.
 


 

miércoles, 31 de octubre de 2012

31 DE OUTUBRO

  
 
SAMAÍN: Festividade de orixe CELTA que se celebra dende hai máis de 3000 anos. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase o fin da temporada das colleitas e comezaba coa estación escura. Era considerado o ANINOVO CELTA. Festa de transición dun ano a outro. Pensábase que esta noite había unha íntima comunicación entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos pois abríase unha porta entre eles. Non se podía saír do pobo pois as ánimas dos defuntos visitaban as súas antigas casas para quentarse ao carón do lume, por iso nesa noite todas as casas estaban alumeadas e co lume feito. Os celtas amontoaban as caveiras dos seus defuntos e pintábanas. Isto foi o que deu orixe ao baleirado das cabazas. Coa chegada do cristianismo esta festa pagá foi rebautizada co nome de "Día de todos os Santos"




Ambientación da entrada do noso colexio o día 31 de outubro, día de Samaín.


O primeiro acto da conmemoración tivo lugar na biblioteca na que nos esperaba unha sorpresa pois as profes Patricia e Lucía, contáronnos e escenificáronnos un conto de medo  "Cabeza de Cabaza"

O segundo acto conmemorativo foi o baile de samaín que tivo lugar no salón de actos. Para aperturalo, apagáronse as luces e entrou a Santa Compaña (ao ritmo da canción do samaín de Mamá Cabra) coas cabazas acesas.

Esta é a invitación que aparecía no corredor central para anunciar o devandito baile.
Foi un éxito!! Pasámolo todos moi ben. Para rematar a festa comemos unhas gominolas do samaín pois tiñan forma de caveiras, esqueletos, arañas,...



lunes, 29 de octubre de 2012

TEATRO:"CHIBOS CHIBÓNS"

 
O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e en concreto as profes Patricia e Lucía, tiveron a gran idea de preparar unha obra de teatro. A obra é "Chibos chibóns" da editorial Kalandraka e pertenece á colección "Os contos do trasno"
 
A historia é a seguinteHabía unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.
Un día miraron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que inxeniar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o inxenio poden máis que a forza física...
 

 
Aquí están as directoras e realizadoras da obra co terrible ogro. Patricia, Manu e Lucía.
 


O reparto: o chibo chibón grande (Martín), o chibo chibón pequeno (Pablo), o chibo chibón mediano (Alfonso) e o ogro (Manu)
 

Houbo dous pases e tanto no primeiro coma no segundo tivo un gran éxito. Os rapaces e rapazas pasárono moi ben. Para rematar a profe Patricia repartiu herba(gominolas) aos asistentes.
 
FELICITACIÓNS!!!







domingo, 28 de octubre de 2012

TRABALLANDO NO OUTONO

 
 


TRABALLOS OUTONO - diapositivas
Aquí deixamos uns traballiños que estivemos a facer nestes días. Aproveitando a época na que estamos coa caída da folla, un día fixemos traballo de campo e  recollemos follas.
A verdade é que no noso colexio temos un entorno natural envexable e só con saír polo patio temos un pequeno souto e alí fomos.
Logo pegamos as follas en cartolinas dándolles forma de animais. O resultado é o que se pode ver nas imaxes.
 
 
 
 

viernes, 12 de octubre de 2012

DÍA DA HISPANIDADE


 
Onte na nosa clase fixemos un sinxelo traballo para  conmemorar o Día da Hispanidade que se celebra hoxe 12 de outubro. Cada fixo a montaxe e coloreou un debuxo dunha carabela que simboliza  a que levou a Cristóbal Colón a América e coa que tocou terra o 12 de outubro de 1492.
 
Feliz Día da Hispanidade!!!!