jueves, 13 de diciembre de 2012

VISITA Á CIDADE DA CULTURA


Un grupo nutrido de alumnado e profesorado do CEE Terra de Ferrol fomos visitar a Cidade da Cultura e en concreto fomos ao Museo (o edificio máis espectacular do Gaiás). Fomos visitar a exposición "Gallaecia Petrea". Esta exposición é unha homenaxe á arte e á cultura galega a través da pedra ao longo da súa Historia: dos petroglifos á arte contemporánea.
Gallaecia Petrea pon en valor o rico patrimonio histórico e artístico presente no territorio a través dun total de 341 obras cedidas por 91 institucións culturais, concellos e coleccións particulares de Galicia, España e Portugal.


No exterior do Museo. Podemos comprobar polas imaxes as inclemencias do tempo.


No interior do Museo. Foi unha visita intensa, estivemos preto de dúas horas visitando a exposición.

1 comentario:

  1. Menuda excursión que tivemos! Non si? Mágoa do tempo que non acompañou nadiña. Unha aperta e ata o luns, compi.

    ResponderEliminar