sábado, 22 de septiembre de 2012

viernes, 21 de septiembre de 2012

INICIO DE CURSO


Hoxe, mércores, 19 de setembro foi a presentación oficial do novo curso escolar. 
O acto tivo lugar na sala de xuntas, alí fomos convocadas todas as aulas.
A presentación correu a cargo do Xefe de Estudos que foi chamando a tod@s @s mestr@s ao estrado. Por suposto que a primeira en subir foi Mª Carmen, Directora do Centro.
Tamén houbo a presentación do alumnado que  se incoporou este curso. Ao remate acabamos todo o alumnado e profesorado enriba do estrado e sacamos unha foto conmemorativa.
Aquí vos deixo unha imaxe do inicio do acto.

A continuación, nesta mesma sala, tivemos a sorte de asistir a unha obra de teatro da Compañía de Blanca Marsillach, escrita por Adolfo Marsillach. O título da obra é "Silencio...vivimos" . Gustounos moito a todos e ao final subiu un grupo de alumnado a facer unha improvisada representación.



FELIZ CURSO 2012-2013!!!