jueves, 17 de mayo de 2012

17 DE MAIO: O DIA DAS NOSAS LETRAS

Así ven a vida de Valentín Paz Andrade : Ramiro, Alfonso, Marcos, Diego,Erika, Leticia e Martín. Aquí a tedes plasmada nos seguintes debuxos.


O alumnado e as profes Ana Martínez e Digna Polo, dende o CEE Terra de Ferrol deséxanvos un FELIZ DÍA DAS.....



Hoxe tivemos, no cole, unha celebración por todo o alto, como corresponde a un evento tan significativo. Primeiro tivemos o acto máis serio e académico na sala de xuntas (video da vida de Valentín Paz Andrade, Presentación en power point, videos e cancións en galego,por suposto!) e logo, na sala de día tivemos o máis enxebre e agarimoso con degustación de empanada e unha ambientación musical moi, moi especial!, tres gaiteiros que tocaban moi ben.
Aínda que nós xa  traballamos ao longo da semana pasada sobre o autor do día das nosas LETRAS.
A continuación vos deixo os traballos que realizamos en colaboración co alumnado da profe Ana Martínez, que moi amablemente nos pasou o video. Grazas Ana.








lunes, 14 de mayo de 2012

ENTREGA DE PREMIOS: POESÍA E IMAXE.

OS GAÑADORES DO  CEE TERRA DE FERROL:

LETICIA E RUBÉN


 


Hoxe pola tarde acompañamos aos flamantes e felices gañadores noso colexio a recoller o seu premio. Aquí vemos na primeira fotografía a LETICIA a carón do seu debuxo e na segunda a RUBÉN co seu.
Parabéns rapaces!!!!

Queremos dicirvos que nos sentimos moi felices e fachendosos cos vosos premios e queromosvos facer chegar unha  grande, grande noraboa!!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

DIA DE EUROPA

BO DÍA DE EUROPA!!!!!

Para conmemorar o "Día de Europa" na clase falamos do seu significado e confeccionamos  en cartolina a bandeira europea.
Se tedes curiosidade e queredes afondar máis no tema deixovos o seguinte enlace:

martes, 8 de mayo de 2012

CORRELINGUA 2012



O xoves, 3 de maio, ás 10 da mañá saímos todos contentos do noso cole cara ao Pazo da Cultura de Narón para participar no Correlingua 2012. Xa o día antes estivemos todos atarefados confeccionando as nosas pancartas. Unha vez alí, participamos nos xogos populares que nos tiñan preparados os organizadores. Nós xogamos a enrollar unha corda , ao brilé e a tirar da corda. Despois disfrutamos da actuación  do grupo "Pirilampo" Pasámolo moiiiiiii ben!!!


lunes, 30 de abril de 2012

XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA





O venres e o sábado asistín a unhas xornadas de innovación educativa, aquí vos deixo o programa e unha fermosa poesía.


"AS 100 LINGUAXES DO NENO"

O neno está feito de cen.
cen xeitos de expresión,
cen mans, cen pensamentos,
cen xeitos de pensar, de xogar e de falar
cen, sempre cen maneiras de escoitar, 
de sorprenderse, de amar,
cen ledicias para cantar e entender,
cen mundos que descubrir,
cen mundos que inventar,
cen mundos que soñar.
O neno ten cen maneiras de expresión,
centos e centros máis,
pero róubanlle noventa e nove.
A escola e a cultura sepáranlle
a cabeza do corpo.

E dinlle:
Que pense sen mans.
Que traballe sen cabeza.
Que escoite sen falar.
Que comprenda sen ledicia.
Que ame e se marabille
só na pascua e no nadal.
Dinlle ao neno:
Que descubra un mundo que xa existe
e de cen róubanlle noventa e nove.
E dinlle:
Que o xogo e o traballo,
a realidade e a fantasía,
a ciencia e a imaxinación,
o ceo e a terra,
a razón e o soño
son cousas que non van xuntas
e dinlle que o cen non existe.
O neno di:
“Claro que si! O cen está aquí”

Loris Malaguzzi

viernes, 20 de abril de 2012

CONCURSO:POESÍA E IMAXE.

 Aquí vos deixo os traballos que presentamos na nosa clase para o concurso de Poesía e Imaxe.