jueves, 22 de diciembre de 2011

miércoles, 21 de diciembre de 2011

FESTIVAL DE NADAL

Erika, Leticia, Martín, Dani Méndez e Digna deséxanvos unhas BOAS FESTAS E PRÓSPERO ANO 2012!!!!

O xoves, 15 de decembro, tivemos un día con moita actividade no noso colexio. Pola mañá fomos a maioría do alumnado ao cine, fomos todos no autobús á zona de Esteiro. Alí dividimonos en dous grupos, os máis pequenos fomos ver "A tropa de trapo". É unha película de debuxos animados moi divertida, gustounos moito. Regresamos de novo ao centro, comemos e a continuación empezamos os preparativos para o festival. Estábamos un pouco nerviosos porque todos estes días pasados estivemos ensaiando para telo todo moi sabido, ademais viñan os familiares de moitos nenos. A sala de xuntas estaba chea de xente pois tamén se quedaron os coidadores, adxuntos de talleres, persoal sanitario e persoal laboral e por suposto todo o profesorado.

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Ecard personalized with Smilebox

martes, 13 de diciembre de 2011

NADAL 2011


Todos estes dias estivemos moi atarefados porque adornamos as aulas e os corredores do noso colexio. Fixemos Papás Noel, estrelas, bolas, campaíñas, botas de nadal,... Tamén elaboramos un mural-belén, todas as personaxes e as estrelas do nacemento son os/as alumnos/as. En todo o colexio se respira una aire navideño  moi agradable e tenro. Este próximo xoves imos ter o festival e para que a celebracion sexa plena comeremos todos os profes no comedor. Para a sobremesa imos ter as actuacións    duns artistas moi especiais "o alumnado do Terra de Ferrol"

Aquí vos deixo unhas fotos  para que vexades unha pequena mostra de todo o que traballamos.


viernes, 23 de septiembre de 2011

CAMBIO DE ESTACIÓN: O OUTONO



Hoxe é 23 de setembro e cambiamos de estación. Atrás deixamos o verán, as vacacións, a praia,..., e diante nós temos o inicio dun novo curso, o cambio de colorido na paisaxe, a caída das folla, ...
Para saber máis cousar sobre o outono pincha aquí
Aqui vos deixo uns videos sobre o outono.



É importante alternar ratiños de asueto con outros de traballo, despois de ver os videos anteriores o que teña gañas e queira saber algo máis das estacións do ano podedes facer a seguinte actividade. De acordo?

Las cuatro estaciones del año.

viernes, 16 de septiembre de 2011

EMPEZAMOS NOVO CURSO!!!!



Estes somos nós, de esquerda a dereita,  estamos: ERIKA, LETICIA E MARTÍN.

A nosa clase está  na 1ª planta na aula número 3. Estamos contentos de empezar un novo curso. Erika é nova no centro e temos que axudarlle a que se sinta ben entre nós.  Nos cursos anteriores estivo no Colexio Santiago Apóstol da Coruña e bota moito de menos aos seus compañeiros.
Nas próximas entradas amosarémosvos todas as cousas que imos facer no noso cole.


jueves, 30 de junio de 2011

FIN DE CURSO.....VACACIÓNS!!!!

O día 22 de xuño empezaron as vacacións para o alumnado. Fóronse para as súas casas uns, para centros de verán outros e hai un grupo que xa marcharon definitivamente do colexio porque acabaron a súa escolaridade. A todos: 
Boas vacacións!!!!!
Antes de despedirnos ata setembro imos recordar O FESTIVAL DE  FIN DE CURSO. Resultou todo moi bonito e pasámolo moi ben, celebrámolo o xoves, 16 de xuño, porque algúns nenos/as non viñan na seguinte semana.
O programa da mañá foi o seguinte:
Antes do recreo fomos á sala de xuntas, en primeiro lugar a profe Ana Martínez recopilou e elixiu fotografías de todos os eventos que realizamos ao longo do curso, tamén escolleu unhas músicas preciosas  e con elas creo un fermosísimo vídeo. Moitas grazas Ana por todas as túas horas adicadas en prol do centro e de todos nós.
A continuación viñeron, Branca e unha intérprete da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG), a contarnos o conto:"Una casa a medida". As personaxes son, unha xirafa e un crocodilo que viven xuntos e teñen grandes dificultades para que a súa casa cumpra os requisitos para que poidan convivir os dous. Tamén nos ensinaron algúns signos que puxemos en práctica.
Despois do recreo o alumnado autónomo xogou un partido de fútbol e o resto foron á sala de día, para divertirse cos  xogos populares.
Por último na sala de xuntas tivemos un concerto moi bonito e animado. Un coro, formado por catro rapazas e dirixidas polo seu monitor de música, do IES de Canido ofrecéronnos varias cancións e ao final subiron ao escenario varios alumnos/as do colexio e cantaron con elas. O resto acompañámolos bailando. Pasámolo "requeteben". Para finalizar este día tan especial, todos alumnos/as e a maioría de mestres e mestras comemos xuntos no colexio.
A continuación temos  unhas fotos de todas estas actividades onde podedes observar como nos divertimos.




FIN DO CURSO 2010/2011 - foto montaje

Para rematar desexar a todos/as: alumnado, persoal laboral,compis,....  
Feliz verán!!!!!!!!!!!!!!!!   
É de ben nacidos ser agradecidos.........quero e debo darlle as gracias á miña compi ANA MARTÍNEZ por toda a súa axuda e apoio. Este humilde blog débollo a ela, pois animoume e axudoume a crealo.
É unha persoa marabillosa e mellor compañeira!!!!!!!
Seguiremos para o vindeiro curso. Verdade?

BICOS MIL E ATA O 1 DE SETEMBRO!!! 

miércoles, 8 de junio de 2011

ITINERARIO AMBIENTAL POLA LAGOA DE VALDOVIÑO


Hoxe, pola mañá, fomos a unha saída didáctica. Ao itinerario foron en total 20 alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos, acompañados polos adxuntos Roca e Luis, o coidador Andrés e as profes: Melu, Patricia Galdo, Patricia e Digna.  No aparcamento da praia estaba esperando Fran, o guía do devandito itinerario, levounos  polo paseo do areal. Foinos contado todas as especies vexetais e as diversas aves mariñas que hai na lagoa. Dende un punto do itinerario observáronas máis de preto xa que Fran iba provisto duns potentes prismáticos, puxéronse en fila e un a un foron mirando.
Cando chegamos ao final da lagoa  merendamos e ao rematar, regresamos polo mesmo paseo cara ao autobús.
Ademais de aprender, pasámolo ben e fixemos exercicio en plena natureza!! Que máis se pode pedir?




viernes, 20 de mayo de 2011

SAÍDA DIDÁCTICA: RECICLATERRA


O día 10 de maio, un grupo de 22 alumnos e alumnas de distintos ciclos, fixemos unha saída didáctica a "Reciclaterra" . Recibíronnos dúas monitoras, Patricia e Gloria, que nos atenderon ao longo da mañá. A actividade consistía en facer unha "bola loca" con material reciclado: o cartón dos rolos de papel hixiénico, recortes de revistas, un cordón, un tapón de plástico, pegamento e pinturas para colorear.
Na segunda parte ensináronnos a exposición que teñen na devandita aula , os distintos materias de refugallo que se reciclan e os distintos produtos que se obteñen.
Para que no nos esquezamos de reciclar e de facelo ben regalaronlle a cada un unha bonita libreta.
Dende aquí o noso agradecemento polo ben que nos trataron. Graciñas.

miércoles, 18 de mayo de 2011

MURAL DA PRIMAVERA

Dende aquí queremos agradecer o traballo feito no taller de carpintería. A súa colaboración é imprescindible para rematar os nosos murais, pois eles son os encargados de facer os marcos e deixarnolos listos para ser colgados nas paredes do noso corredor. Por último tamén temos que dar as gracias aos de mantemento xa que eles son os que lle dan o toque final e nolo colgan.
A continuación podemos ver unhas imaxes de como traballan en carpintería Jose Pena e o seu adxunto Roca. Tamén vemos a  Iván  e a Joaquín  que poñen o punto final ao colgar o mural.

 

martes, 17 de mayo de 2011

DIA DAS NOSAS LETRAS


Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
Este ano o autor homenaxeado é  "LOIS PEREIRO"

A historia, os autores homenaxeados, aspectos xenéricos sobre o galego...
están permanentemente ó seu dispor neste portal específico.
Neste día tan grande e especial para a nosa lingua, todo evento remata co noso himno.

Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.














Eduardo Pondal


FELIZ DÍA DAS LETRAS!!!!









lunes, 9 de mayo de 2011

9 DE MAIO, DIA DE EUROPA

Hoxe, 9 de maio, celebramos o "Día de Europa". Por que esta data? Porque o 9 de maio de 1950 nacía a Europa comunitaria nun momento moi delicado, pois sobre Europa pendía a amenaza dunha terceira guerra mundial. Nesta data convocouse á prensa en París para facer pública "unha comunicación da maior importancia", redactada por Jean Monnet e comentada e lida por Robert Schuman; Ministro francés de Asuntos Exteriores. Propoñíase crear unha institución europea supranacional encargada de administrar as materias primas que naquela época eran a base de toda potencia militar: o carbón e o aceiro. Estes foron  os inicios da Unión Europea. Na Cumbre de Milán de 1985 os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa".

domingo, 1 de mayo de 2011

ORIGEN DEL "DIA DE LA MADRE"


 
El Día de las Madres es una festividad que conmemora a las madres. En varios países se celebra el segundo domingo del mes de mayo. Las madres frecuentemente reciben regalos ese día.

Las primeras celebraciones del Día de la Madre se remontan a la antigua Grecia, donde se le rendían honores a Rhea, la madre de los dioses Júpiter, Neptuno y Plutón. Los romanos llamaban a esta celebración La Hilaria. Se celebraba el 15 de marzo en el templo de Cibeles y durante tres días se hacían ofrecimientos.

Los primeros cristianos transformaron estas celebraciones a la Diosa Madre en honor a la Virgen María, la madre de Jesús. En el santoral católico el 8 de diciembre se celebra la fiesta de la Inmaculada Concepción, fecha que se mantiene en la celebración del Día de la Madre en algunos países como Panamá.

En el siglo XVII, en Inglaterra tenía lugar un acontecimiento similar, honrando también a la Virgen, que se denominaba Domingo de las Madres. Los niños concurrían a misa y regresaban a sus hogares con regalos para sus progenitoras. Además, como muchas personas servían a acaudalados señores, muchas veces lejos de sus hogares, el día era no laborable pero pagado para que pudieran concurrir a sus terruños a visitar a sus familias.

En Estados Unidos, en cambio, la celebración tiene sus orígenes hacia 1872, cuando Julia Ward Howe, autora del Himno de batalla de la República, sugirió que esa fecha fuera dedicada a honrar la paz, y comenzó celebrando cada año encuentros en la ciudad de Boston, Massachusetts en celebración del Día de la Madre.

Este hecho aislado se vio acompañado por la inicitiva de una joven, Anna Jarvis, hija de Anna Reeves Jarvis, una activista comunitaria de Virgina Occidental, que hacia 1858 tuvo activa participación en la organización de las mujeres para trabajar en la mejora de la sanidad pública en las comunidades apalaches durante la Guerra Civil Estadounidense, colaborando también en el cuidado de los heridos de ambos lados de la contienda y, más tarde, organizando reuniones para que los antiguos enemigos se integraran y confraternizaran.

Anna, que perdió a su madre en 1905, comenzó a enviar cartas a políticos, abogados y otras personas influyentes solicitando que se consagrara Día de la Madre el segundo domingo de mayo (el cual algunos años coincidía con el aniversario de la muerte de su madre).

Para 1910 ya se celebraba en muchos estados de la Unión, y en 1912 logró que se creara la Asociación Internacional Día de la Madre con el objetivo de promover su iniciativa.

Finalmente, en 1914, el Congreso de Estados Unidos aprobó la fecha como el Día de la Madre y la declaró fiesta nacional, lo cual fue apoyado por el Presidente Woodrow Wilson.

Más tarde otros países se adhirieron a esta iniciativa y pronto Ana pudo ver que más de 40 países del mundo celebraban el Día de la madre en fechas similares.

Sin embargo, la festividad impulsada por Ana Jarvis comenzó a mercantilizarse, de manera tal que se desvirtuaba el origen de la celebración. Esto motivó a que Ana presentara una demanda, en 1923, para que se eliminara la fecha del calendario de festividades oficiales. Su reclamo alcanzó tal envergadura, que hasta fue arrestada por disturbios durante una reunión de madres de soldados en lucha, que vendían claveles blancos, el símbolo que Jarvis había impulsado para identificar la fecha.


A TODAS AS NAIS, FELIZ DÍA!!!!!!



viernes, 29 de abril de 2011

SAÍDA DIDÁCTICA: EXPOSICIÓN DE PICASSO


Mércores, 27 de marzo, fixemos unha saída didáctica á Sede da Fundación Caixa Galicia a ver unha exposición de Picasso "Suite Vollard", colección de 100 gravados realizados por Picasso entre 1930 e 1936 encargados polo Marchante francés Ambroise Vollard.
Trátase dunha colección de estampas realizadas coas técnicas de augaforte, augatinta, augada, punta seca, buril ou rascador. Estas combinacións fan da serie unha escolma de gran riqueza, onde acusa a influencia da arte helénica. Son gravados especialmente destacables pola acertada mestura entre técnica e temática, achegando unha profunda cohesión dentro da súa variedade.
Cen gravados que destacan a xenialidade do artista que concilia á perfección a euforia e a melancolía nunha especie de Grecia de outrora, imaxinada por el.



 

martes, 26 de abril de 2011

14ª EDICIÓN DE VOZ NATURA


O CEE TERRA DE FERROL é un dos 272 centros que participa en Voz Natura, o día 4 de xuño acudirá,como en anos anteriores, á gran festa de fin de curso que se celebrará no parque Deportivo Acea de Ama en Culleredo. Alí pasaremos todo o día: participando na exposición de traballos, xogos, talleres,....
A nosa  colaboración foi a elaboración de murais. O da nosa clase é sobre os cambios de estado da auga. Aquí volo deixo para que o podades ver.

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO LIBRO



O Día Internacional do Libro é unha conmemoración a nivel internacional,  o obxectivo é fomentar a lectura. A elección do 23 de abril como día do libro procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
Se queredes saber máis sobre esta conmemoración podeder entrar no seguinte enlace:




A continuación transcribo un fermoso poema de Pablo Neruda que me tomei a liberdade de traducir ao galego.

QUEDA PROHIBIDO

Queda prohibido chorar sen aprender,
levantarte un día sen saber que facer,
ter medo aos teus recordos,.....
Queda prohibido non sorrir aos problemas,
non loitar polo que queres,
abandonar todo por medo,
non convertir en realidade os teus sonos,...
Queda prohibido non intentar comprender ás persoas,
pensar que as súas vidas valen menos que a túa,
non saber que cada un ten o seu camiño e a súa dita,...
Queda prohibido non crear a túa historia,
non ter un intre para a xente que te necesita,
non compreder que o que a vida che dá,
tamén cho quita,...
Queda prohibido non buscar a túa felicidade,
non vivir a túa vida cunha actitude positiva,
non pensar en que podemos ser mellores,
non sentir que sen ti este mundo non sería igual.

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!

viernes, 1 de abril de 2011

1 DE ABRIL: DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO


Hoxe, 1 de abril celébrase o Día da Diversión no Traballo, o lema escollido este ano é "O humor, un paraugas ante a adversidade" Como estamos de acordo en que é mellor rir que chorar, unímonos á proposta da consultora: realizar sesións de papiroflexia, concursos de avións de papel nos corredores do colexio, competicións de garavatas e zapatos horteras, xogar ao monopoly,... Se se che ocorre algunha idea máis podes contala na seguinte web:

 http://www.humorpositivo.com/

lunes, 28 de marzo de 2011

CONCURSO DE POESÍA E IMAXE


Estas son as nosas ilustracións para as poesías que nos  propuxeron dende os Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol para o concurso "Poesía e imaxe".




domingo, 27 de marzo de 2011

27 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DO TEATRO


O Día Internacional do Teatro foi instituído pola ONU no 1961 e celébrase cada 27 de marzo dende 1962. Cada ano a ONU elixe un personaxe para que emita unha mensaxe relacionada co quefacer teatral. Este ano é a Dra. en Artes Escénicas, Jessica A. Kaahwa, de Uganda, a encargada da mensaxe, na que valora ao teatro (e ás artes) como ferramenta máis productiva e eficaz que os armamentos para a  guerra, que a mesma ONU envía para "pacificar" ao Mundo.

lunes, 21 de marzo de 2011

DIA DA POESÍA



Hoxe iniciamos a primavera. Ademais nesta data temos dúas conmemoracións relacionadas co ámbito educativo como son "O día internacional da poesía" e "O día internacional da árbore".
Nós fixemos un pequeno traballo relacionado coa poesía, aquí deixamos a mostra para que vós poidades xulgar como nos quedou.


martes, 15 de marzo de 2011

15 DE MARZO: DIA DO CONSUMIDOR RESPONSABLE


 

7 CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE
  1. Antes de comprar algo, reflexiona se realmente o necesitas ou se o fas guiado pola publicidade.
  2. Se decides comprar algo averigua de que materia prima está feito, se o seu proceso de manufacturación impacta no medio ambente ou se produce algún dano ou inxustiza social.
  3. Cada vez que merques algo debes pensar nos residuos e no lixo que xera.
  4. Evita os productos de "usar e tirar" se non son estrictamente necesarios.
  5. Rechaza as bolsas de plástico que che dan nos supermercados e tendas e leva as túas propias bolsas de tea, papel ou cartón.
  6. Recicla antes de comprar, moitas das cousas que están para tirar poden volver a utilizarse doutras maneiras e formas, usa a túa imaxinación
  7. Elixe productos con envase reutilizables e retornables.

viernes, 11 de marzo de 2011

UNHA VIAXE PARA TOD@S


27 CONCURSO ONCE
A nosa clase participou no 27 concurso ONCE  na categoría E o que implica que unicamente participaremos na fase final do concurso e que seremos avaliados polo xurado de ámbito estatal que outorgará unha mención especial ao traballo que destaque pola súa creatividade e a súa mensaxe.
O título do traballo é " Unha viaxe para tod@s " e consiste en realizar un cartel no que os alumnos do grupo teñen que se imaxinar nun lugar de destino co resto de persoas que viaxaron ata alí e debuxalo como se fose a mellor fotografía da súa viaxe.Podíase facer con calquera técnica , nós optamos por facelo mediante un debuxo.
O  destino foi HOLLYWOOD. Na fotografía plásmase a visión do noso destino dende o aire no avión que nos leva.

viernes, 4 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011




Xoves, 3 de marzo, celebramos o entroido no noso centro. A partires das 10:30 h. empezamos a celebración cun desfile de comparsas. Logo fomos subindo ao esceario dunha nunha e ao final bailamos todos xuntos.
Sacamos fotos de cada unha das comparsar e do grupo completo. Aquí vos deixo a mostra do ben que o pasamos e do colorido que foi o noso entroido.



martes, 1 de marzo de 2011

CHARLA E ACTIVIDADES SOBRE "SEDENTARISMO"


O alumnado, dun Ciclo Superior de Dietética e Nutrición, do IES  de Leixa veunos a falar do "Sedentarismo"  e, do que nos propoñían para combatilo. Estivo moi ameno, primeiro vimos unha presentación en Power Point e logo propuxéronnos uns exercicios sinxelos para que todos poideramos facer, para rematar e co ritmo do Waka Waka bailamos todos. Pasámolo moi ben.!!!

viernes, 18 de febrero de 2011

O NOSO MURAL DO INVERNO

Xa nos chegou o mural do inverno! Facía uns días que o remataramos. Pero hai  que seguir un protocolo, pois temos que pedir axuda no taller de carpintería. Temos a gran sorte que un alumno, José Pena, vai a ese taller e é o encargado de facer e pintar o marco e a continuación montalo. Quedou preciosísimo!!!. O resultado é este:



Aquí vemos a José Pena co seu adxunto de taller, Roca, no momento en que nos trouxeron o mural.
Moitas gracias aos dous por un traballo tan ben feito.


lunes, 14 de febrero de 2011

FELIZ DÍA DOS NAMORADOS


Dende a nosa clase queremos desexar a todos e  a todas un feliz día de San Valentín.

martes, 1 de febrero de 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ



O xoves, 27 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e para elo realizamos distintas actividades.Pasámolo moi ben e resultou todo moi bonito.
Ás 11h. reunímonos todo o cole na Sala de Xuntas para visionar a Presentación do Día da Paz e o Conto "Marce o Carteiro" . Si queredes velo clicade no enlace aulatic
A continuación fixémola "Cadea pola Paz". Escoitamos a canción de Amaral "Rosa de la Paz" e fixemos unha cadea collidos das mans.
Logo fomos para o centro de día e formamos o tren pola Paz formado por un vagón de cada clase.
E para rematar a celebración ... ¡¡Chocolate con churros!!!

lunes, 24 de enero de 2011

"A PAZ" NO CORREDOR B DEREITA


Estes son os traballos realizados para a conmemoración do día da PAZ. Témolos expostos no noso corredor.

jueves, 13 de enero de 2011

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA: 30 DE XANEIRO

Esta semana xa empezamos cos preparativos para celebrar o día da PAZ e non VIOLENCIA. Precisamente con este motivo, Daniel Méndez escribiu unha fermosísima poesía que deixo a continuación.


"La PAZ es felicidad.
En este momento estoy en calma.
Ni pistolas ni escopetas.
Mi corazón es mi arma".
 


Cremos  que o seguinte conto é moi axeitado para a devandita conmemoración e que se complementa coa anterior poesía.