viernes, 20 de mayo de 2011

SAÍDA DIDÁCTICA: RECICLATERRA


O día 10 de maio, un grupo de 22 alumnos e alumnas de distintos ciclos, fixemos unha saída didáctica a "Reciclaterra" . Recibíronnos dúas monitoras, Patricia e Gloria, que nos atenderon ao longo da mañá. A actividade consistía en facer unha "bola loca" con material reciclado: o cartón dos rolos de papel hixiénico, recortes de revistas, un cordón, un tapón de plástico, pegamento e pinturas para colorear.
Na segunda parte ensináronnos a exposición que teñen na devandita aula , os distintos materias de refugallo que se reciclan e os distintos produtos que se obteñen.
Para que no nos esquezamos de reciclar e de facelo ben regalaronlle a cada un unha bonita libreta.
Dende aquí o noso agradecemento polo ben que nos trataron. Graciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario