martes, 23 de noviembre de 2010

CONTOS DE MEDO

Aínda que con bastante retraso aquí van os contos de medo que fixemos con motivo do Samaín. Esperamos que vos gusten.

viernes, 12 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Hoxe celebramos o magosto. Antes do recreo reunimonos todo o alumnado na sala de xuntas. Alí visionamos dous videos dos rapaces das nosas clases. Un deles "A castaña que quería saber de onde procedía" foi escrito e ilustrado por  DANIEL MÉNDEZ, e gravado por el e polos seus compañeiros de ciclo.



Entre video e video o grupo de alumnos e alumnas que conforman o grupo musical cantaron a canción popular  do magosto "Non chas quero, non chas quero"

Logo, por fin, fomos para o comedor onde nos esperaban unhas riquisimas castañas asadas e cocidas. Para que nolas serviran levabamos todos unhas cestas que estivemos a decorar estes días pasados nas clases. Tamén decoramos espigas de millo e fixemos unha pequena exposición na entrada e outra nos corredores da primeira planta.

viernes, 5 de noviembre de 2010

DECORAMOS CRISTAL



Este é o resultado dun traballo que estivemos a facer na clase de plástica nestas semanas pasadas.
Decoramos cristal cun motivo recortado dunha servilleta.
Neste caso, en concreto, reciclamos platos en desuso do comedor do centro. Nas imaxes podemos ver todos os pasos que hai que seguir e como queda ao remate.