lunes, 9 de septiembre de 2013

ADEUS NON!!!, ATA PRONTO!!!

Este é o grupo de alumnos cos que comecei o curso. O que non sabía ao comezo é que serían os últimos que ía ter co Cee Terra de Ferrol, pois un cambio de destino fai, que o curso 2013/2014 xa non forme parte del. 
A verdade é que pecho unha etapa da miña vida profesional para comezar outra noutro centro e sinto que teño "o corazón partido". Por un lado sinto unha grande pena polo que deixo, un grupo de compañeiros magníficos cos que compartín todo tipo de situacións, un grupo de alumnado que polas súas características enganchan e fanse querer e todo o conxunto de profesionais que fixeron que esta etapa fose máis levadeira e enriquecedora (adxuntos de taller,coidadores,conserxes, fisioterapeutas, equipo médico, traballadores socias, persoal da limpeza, psicóloga, persoal de mantemento, educadoras, servizo de administración).
Pero por outro lado teño alegría polo novo destino pois é nun centro do meu pobo co que iso conleva. 

 Botareivos de menos, pois xa formades parte do meu currículo emocional.

GRAZAS A TODAS E A TODOS!!!!

Pd: Non vos preocupedes que esta fiestra cara ao mundo non queda pechada pois unha compañeira e amiga, "Estrela" , vai seguir co blogue.



viernes, 14 de junio de 2013

CELEBRACIÓN FIN DE CURSO



O día 13 celebramos o festival de fin de curso. A anticipación da despedida do curso foi debida a que a última semana de clase hai moito alumnado que non virá ao colexio.
Iniciámolo festival ás 11:30 h. no salón de actos. O programa foi o seguinte:
  1. Video recopilatorio das conmemoracións e actividades que realizamos ao longo do curso.
  2. Maxia coa actuación do mago Angel.

  3. Grupo de canto de Yanko.

  4. Conto e baile do grupo de Actividades Extraescolares.

  5. Baile fin de festival.
     

  6. Aperitivo de confraternidade de toda a comunidade educativa.

CAMPIOANA NO TERRA DE FERROL

CEU San Pablo (Madrid)  8/6/2013
Aquí temos á flamante campiona de blogues co seu premio na man.
Ana quedou en 5º lugar na VII Edición do "Premio espiral de Edublog"
O blog de Ana http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ conseguiu o 2º Accésit da categoría de "Blogs de maestros y maestras, profesores y profesoras". Esta é a categoría reina dos premios, por eso se fixo esperar e pasamos uns momentos de nervios antes da súa entrega. 
A Aula Magna da CEU  San Pablo estaba a rebosar e foi emocionante cando citaron o nome de AulaTic e saíu Ana a recoller o premio.




PARABÉNS ANA!!!!!!!

jueves, 6 de junio de 2013

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIOAMBIENTE


Mural-Collage de reciclado

Esta foi a contribución das clases das profes Ana e Digna para conmemorar a celebración do DÍA DO MEDIOAMBIENTE. 
Primeiro cada unha traballamos na nosa titoría con materiais alusivos ao medioambiente e logo xuntámonos para facer este traballiño con materiais de refugallo. 
O resultado podédelo ver na imaxe, modestia a parte, cremos que nos quedou fermoso.
Ademáis de traballar o tema da reciclaxe tamén o facemos en equipo con todo o que iso conleva. É xenial!!!
Quería, dende aquí, aproveitar para darlle as gracias á miña querida compañeira de fatigas, Ana,  por todos os traballos que levamos feito xuntas. Dicir que aprendín moito con ela e que quero facer apoloxía do traballo en equipo (valla a expresión). Creo firmemente que é moi enriquecedor, máis creativo, motivador,comprometido,......
 Todo equipo necesita un líder, no noso é Ana.
Só dicir que é un verdadeiro pracer traballar así.


Estes paxaros están feitos con planchiñas de porespan pintadas e recortes de gomaeva.




Con bandexas da froita e tapóns de botellas.... saen flores, xoaniñas, peixes, paxaros, vermes, gatos, arañas,.....

 




Xa podedes ver cantos animais fixemos con simples tapas de botellas.



Agora tócalle o turno ás flores.

miércoles, 5 de junio de 2013

EDUCACIÓN VIARIA


Repetiiiiiimooooos!!!  O curso pasado xa estivéramos no parque de educación viaria de Barallobre, gustounos tanto que onte, 4 de xuño, volvemos a recordar e poñer en práctica as normas de circulación.
Recordades??? O ano pasado iniciamos un proxecto de "educación viaria", por falta de tempo quedou incompleto e decidimos retomalo agora; por eso decidimos volver ao parque viario para refrescar o que aprendemos co proxecto.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que poidades ver que ven o pasamos e como nos deixou esgotados o deporte que fixemos ao longo da xornada.




Preparándonos para comezar.

Cada un elexiu o automóbil que máis lle gustou.

A profe Ana disposta a inmortalizar o momento coa súa cámara.

Os ciclistas a punto de saír.




Dani metendo marcha para coller velocidade... pois detrás ven Joni con gañas de adiantarlle.

A profe Isa observa por se alguén comete algunha imprudencia.







Hai que pedalear duramente,
 Rocío axuda a Diana.

Javi pensa...serei capaz????
 Erika contenta co seu coche. No soltou en toda a mañá.

 Andrés e o seu copiloto Kevin....
Chegarán os primeiros???


Xa medios derrotados....depois de tanto deporte , houbo que repoñer forzas tomando a merenda e un botellín de auga para hidratarse.
As menos cansadas... Ana Sofía, Miriam e Lara, pois os demais tiveron que sentarse antes de volver a dar unha voltiña, xa que logo é hora de retornar ao colexio.

Co que aprendemos xa nos podemos conducir mellor!!!

viernes, 24 de mayo de 2013

ARTE POLA IGUALDADE



TEATRO COLÓN (A CORUÑA)   23-5-2013
Conservatorio Profesional de Música
Centro Educación Especial María Mariño


 Este é o programa que ofreceu onte, no Teatro Colón de A Coruña, o alumnado do CEE María Mariño en colaboración con alumnado do Conservatorio Profesional de Música. 
Como podemos ver, 1º houbo unha representación teatral a cargo dos artistas do María Mariño "Os músicos máxicos" . Variedade de actores, dende os máis pequeniños ata os que case parecían profesionais polo ben  que o fixeron. O acompañamento musical correu a cargo de alumn@s do conservatorio, a Orquestra sinfónica, coro de Grao Profesional, Grupo de música co alumnado de nee matriculados no conservatorio e o Coro infantil.
En 2º lugar Música de Disney (arranxos de H.Paradela) a cargo do Conservatorio Profesional de Música.
En 3º lugar o Conservatorio Profesional de Música e CEE María Mariño, puxeron en escena a Muiñeira Ribeirana e un pasodobre (Bailaron alumnado e profesorado do CEE María Mariño).
Xa para rematar... todos en pé  cantamos "O Himno Galego".

PARABÉNS!!!!!!!!!

CEE MARIA MARIÑO
 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA



Alumnado e Profesorado do CEE TERRA DE FERROL que se desprazaron á Coruña, invitados pola Secretaría de Normalización Lingüística, para asistir ao evento.

Moitas grazas Pura Galán por acordarte de nós!!!
 Encantounos!!!

jueves, 16 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DO DIA DAS NOSAS LETRAS


Día 13 de maio 
 
 
CORRELINGUA 2013

"Galego, a chave do mundo" Este é o lema da carreira a prol do noso idioma. Este ano desenvolveuse nos Cantóns de Molíns. Ali tivemos  o punto de encontro co resto dos colexios que participaron  nos devanditos actos.
Nos cantóns había música galega, por suposto, e xogos populares. Na foto vemos como estamos a xogar aos pés quedos.
Fixo unha mañá moi boa, pasámolo ben e aproveitamos para dar un paseo  polos xardíns e deleitarnos ao aire libre nun lugar tan bonito como é a alameda do cantón. 
 Logo, no teatro Jofre, recibiunos o mago Martín Camiña que nos fixo uns cantos trucos de maxia (primeira foto).
A continuación participamos na actuación de banda de Luis Prego:"Para cantar e bailar"


Día 15 de maio

Iniciamos a celebración no Salón de actos.Para empezar proxectamos un video da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, con ilustracións e voces d@s nos@s rapaces.
1º Os alumnos leron anacos de obras de Roberto Vidal Bolaño.


 Carlos, Jordan, Diego, Jaime, Aníbal e Sergio 


A voz é de Jaime e a percusión de Sergio.
Obra: "Touporroutou da Lúa e do Sol"

2º Obra de teatro:"A tartaruga que quería durmir"

Marcos(substituíu a Ruth no papel de tartaruga)
Patricia, Joni, Lucía e Pablo.

3º Coa canción: "Quen quere entrar conmigo no baile..." fixemos unha roda para bailar alumnado e profesorado.




4º Obra de teatro profesional na sala de día.

GHAZAFELHOS presenta...."NON É UN PAÍS PARA CABALEIROS"


5º Partido de fútbol para rematar a celebración dun evento tan importante como é o...
 "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"



sábado, 11 de mayo de 2013

FELICITACIÓN A AULATIC POLO PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOG




Dende o noso humilde blogue queremos presentar o noso recoñecemento a ese tan merecido premio para AULA TIC TERRA DE FERROL ou mellor dito a profe ANA MARTÍNEZ REY que tanto monta, monta tanto.



PARABÉNS ANA!!!!!!
Con moito agarimo para unha compañeira marabillosa!!!!

Unha aperta moi moi grande d@s compañeir@s
e d@s alumn@s do CEE Terra de Ferrol.

viernes, 10 de mayo de 2013

ÚLTIMO ACTO DO PROXECTO "RUMBO AO ESPAZO"


Aquí temos a Jorge Díaz del Río Garcia, en plena charla,  explicándonos a súa presentación sobre temas variados relacionados co espazo.
Este xove enxeñeiro de telecomunicacións traballa, na actualidade, na Axencia Espacial Europea (ESA). Impartiunos unha interesantisima e amena charla, apoiada con fotografías e videos, do apaixoante tema do espazo; co cal ademais de demostrarnos todos os seus amplos coñecementos da súa profesión tamén quedou moi claro o seu potencial didáctico. 


O alumnado estaba emocionado e moi atento cando nos daba as explicacións das imaxes que nos mostraba.


Para rematar... turno de preguntas variadas, as que respostou con moito gusto e ademais de falarnos da súa experiencia profesional de haber traballado na NASA. 

Dende aquí queriamos darlle as grazas pola súa paciencia e a súa amabilidade por vir ata o noso centro dun xeito totalmente altruísta.
 Foi un pracer escoitalo.!!!!




ACTIVIDADE DE REPASO DO PROXECTO.
Para rematar o proxecto do espazo fixemos un lapbook cos datos máis importantes e significativos do tema. Aquí están as imaxes.