viernes, 10 de mayo de 2013

ÚLTIMO ACTO DO PROXECTO "RUMBO AO ESPAZO"


Aquí temos a Jorge Díaz del Río Garcia, en plena charla,  explicándonos a súa presentación sobre temas variados relacionados co espazo.
Este xove enxeñeiro de telecomunicacións traballa, na actualidade, na Axencia Espacial Europea (ESA). Impartiunos unha interesantisima e amena charla, apoiada con fotografías e videos, do apaixoante tema do espazo; co cal ademais de demostrarnos todos os seus amplos coñecementos da súa profesión tamén quedou moi claro o seu potencial didáctico. 


O alumnado estaba emocionado e moi atento cando nos daba as explicacións das imaxes que nos mostraba.


Para rematar... turno de preguntas variadas, as que respostou con moito gusto e ademais de falarnos da súa experiencia profesional de haber traballado na NASA. 

Dende aquí queriamos darlle as grazas pola súa paciencia e a súa amabilidade por vir ata o noso centro dun xeito totalmente altruísta.
 Foi un pracer escoitalo.!!!!




ACTIVIDADE DE REPASO DO PROXECTO.
Para rematar o proxecto do espazo fixemos un lapbook cos datos máis importantes e significativos do tema. Aquí están as imaxes.



2 comentarios:

  1. A min persoalmente encantoume a charla e creo que aos rapaces tamén. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min tamén. Ademais creo que foi un bo e bonito remate.
      Bicos.

      Eliminar