lunes, 4 de febrero de 2013

30 DE XANEIRO:DÍA DA PAZ



Hoxe celebramos o "Dia da Paz e non Violencia"  no CEE Terra de Ferrol.
 As 11:30h. reunímonos no salón de actos todas as clases para conmemorar unha data tan sinalada e importante, e moito máis no mundo actual tan plagado de conflictos e guerras.

Iniciamos o acto coa lectura de poemas a cargo do alumnado do PCPI.
A continuación visionamos a presentación e o video,  "A Avestruz Troglodita", que elaborou a profe Ana Martínez.




Logo o video "O Abecedario da PAZ" no que os protagonistas son todos os rapaces e as rapazas do colexio. Quedou fermosisimo!!  Ademais encántalles verse porque son os "PROTAGONISTAS". Parabéns a Ana e tamén a Patricia por este traballo tan ben feito!!!


Por último, no salón de actos fixemos un corro e ao son da canción "Que viva a paz e o amor" lanzamos os avións-pombas da PAZ nos que había escritos desexos de paz.
Xa para rematar este DÍA tan especial ...   no comedor...

 GRAN CHOCOLATADA CON CHURROS!!!

1 comentario:

  1. Graciñas a ti profe por toda a túa axuda para facer as actividades. Unha aperta.

    ResponderEliminar