viernes, 27 de enero de 2012

PREPARATIVOS DÍA DA PAZ


O vindeiro día 30 celebrarase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e no noso Centro xa comezamos os preparativos para conmemorar esta data. Hoxe nun dos corredores do 1º andar colocamos un muíño de vento, nas súas aspas colocamos pequenos muíños de papel de cores nas que hai umha pomba debuxada, a data conmemorativa e a palabra PAZ. Ademais en cada una hai un desexo de paz.  Participaron varias clases do colexio, as das profes Remedios, Mª Carmen, Melu, Ana Martínez, Digna e todos os seus alumnos e alumnas. Estivo emocionante porque cada un colocaba o seu muíño e nese momento era inmortalizado nunha foto. Para dar fe de todo isto e como mostra temos a seguinte montaxe.



1 comentario:

  1. Que ben traballamos en equipo! Non? A verdade é que nos quedou un muíño realmente precioso pero ... boto a faltar unha fotiño no kizoa. Biquiños e ata o luns.

    ResponderEliminar