lunes, 30 de abril de 2012

XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA





O venres e o sábado asistín a unhas xornadas de innovación educativa, aquí vos deixo o programa e unha fermosa poesía.


"AS 100 LINGUAXES DO NENO"

O neno está feito de cen.
cen xeitos de expresión,
cen mans, cen pensamentos,
cen xeitos de pensar, de xogar e de falar
cen, sempre cen maneiras de escoitar, 
de sorprenderse, de amar,
cen ledicias para cantar e entender,
cen mundos que descubrir,
cen mundos que inventar,
cen mundos que soñar.
O neno ten cen maneiras de expresión,
centos e centros máis,
pero róubanlle noventa e nove.
A escola e a cultura sepáranlle
a cabeza do corpo.

E dinlle:
Que pense sen mans.
Que traballe sen cabeza.
Que escoite sen falar.
Que comprenda sen ledicia.
Que ame e se marabille
só na pascua e no nadal.
Dinlle ao neno:
Que descubra un mundo que xa existe
e de cen róubanlle noventa e nove.
E dinlle:
Que o xogo e o traballo,
a realidade e a fantasía,
a ciencia e a imaxinación,
o ceo e a terra,
a razón e o soño
son cousas que non van xuntas
e dinlle que o cen non existe.
O neno di:
“Claro que si! O cen está aquí”

Loris Malaguzzi

2 comentarios:

  1. La poesía preciosa y me imagino que las jornadas serían una pasada. Ya me contarás mañana. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Moi linda a poesía. Có teu permiso penso copiala.No blog de Ana vin un video de Educacion vial no que parece que o estades pasando moi ben.O resto non o vin porque teño un dichoso plugin que non dou deshabilitado.Bicos

    ResponderEliminar