jueves, 17 de mayo de 2012

17 DE MAIO: O DIA DAS NOSAS LETRAS

Así ven a vida de Valentín Paz Andrade : Ramiro, Alfonso, Marcos, Diego,Erika, Leticia e Martín. Aquí a tedes plasmada nos seguintes debuxos.


O alumnado e as profes Ana Martínez e Digna Polo, dende o CEE Terra de Ferrol deséxanvos un FELIZ DÍA DAS.....



Hoxe tivemos, no cole, unha celebración por todo o alto, como corresponde a un evento tan significativo. Primeiro tivemos o acto máis serio e académico na sala de xuntas (video da vida de Valentín Paz Andrade, Presentación en power point, videos e cancións en galego,por suposto!) e logo, na sala de día tivemos o máis enxebre e agarimoso con degustación de empanada e unha ambientación musical moi, moi especial!, tres gaiteiros que tocaban moi ben.
Aínda que nós xa  traballamos ao longo da semana pasada sobre o autor do día das nosas LETRAS.
A continuación vos deixo os traballos que realizamos en colaboración co alumnado da profe Ana Martínez, que moi amablemente nos pasou o video. Grazas Ana.








1 comentario:

  1. Que fabulosa entrada! FELIZ DÍA PARA TI TAMBIÉN COMPI. Aproveita a ponte para desconectar e descansar un chisco. unha aperta.

    ResponderEliminar